Preocupación no BNG ante a posibilidade de recortes servizos de trens

IMG-20260421-WA0005

Xoán Carlos González, “Sospeitamos que as restriccións polas obras, poden ser aproveitadas por ADIF para eliminar liñas”

 

Preocupación no BNG ante a posibilidade de recortes servizos de trens
As obras de mellora da liña férrea que se están executando nas liñas do Miño, e Guixar-A Coruña, son valoradas positivamente pola organización nacionalista. Trátase de fomentar un transporte público máis eficiente e respectuoso medioambientalmente. Nembargantes, dende o BNG amosan a súa preocupación porque a supresión temporal do servizo Guixar-Redondela, poida supor unha supresión definitiva de diversos servizos.
 
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González advirte desta posibilidade real. “Sospeitamos que ADIF, aproveite a conxuntura para eliminar paradas e mesmo servizos”, comenta na súa nota. Recorda que durante a pandemia, e pospandemia ADIF aproveitou para eliminar servizos de tren, paradas, e mesmo a atención personalizada na estación de Redondela-A Portela, polas tardes.
 
“Imos realizar un seguemento exhaustivo no momento que se volva repor o servizo ferroviario”, compromete Xoán Carlos González. Recorda a aposta decidida do BNG por un transporte público como o que ofrece o tren, “do que o noso concello pode saír moi beneficiado”.
 
Segundo manifestou, “debemos traballar para que no noso concello se dispoña dun servizo de trens que nos una con rapidez coas dúas cidades veciñas, e a frontera portuguesa”.
Preocupación no BNG ante a posibilidade de recortes servizos de trens