O BNG de Redondela califica ao goberno municipal de axencia privatizadora
Xoán Carlos González: "limpeza de praias e servizo de socorrismo engrosan a longa lista de privatizacións do goberno de Digna Rivas”
28 abr. 2026 - 12:53
Dende a organización nacionalista saen ao paso dos concurso de prestacións que o goberno municipal de Redondela debería desenvolver , mais que prefiren ceder á xestión de empresas privadas. Consideran que se trata dunha auténtica axencia privatizadora de servizos públicos que unicamente buscan o beneficio de empresas alleas ao concello.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo considera que se trata dunha liña de acción política do goberno de Digna Rivas que non trae ningún beneficio para Redondela. Limpeza e desbroce de viais de titularidade municipal, limpeza de praias, servizo de socorrismo, servizo de Atención Temperá “engrosan a unha longa lista que ano a ano vai medrando", manifesta.
Un goberno que claudica na xestión directa dos servizos, con persoas liberadas ou parcialmente liberadas que cada vez teñen menos competencias, afirma o voceiro nacionalista. Rexeita os argumentos de que a xestión por parte das empresas sexa máis eficaz, e económica para o concello.
En fronte está o Bloque Nacionalista Galego que vai asumir dende o goberno a contratación e xestión directa, para prestar un mellor servizo aos nosos veciños e veciñas. Remata na súa nota que un dos grandes retos da presenza da organización nacionalista no goberno de Redondela, centrarase en recuperar estos servizos básicos.