A presenza de persoal de Portos de Galiza, obedece a un acto electoral do goberno de Javier Bas.

A presenza de persoal de Portos de Galiza, obedece a un acto electoral do goberno de Javier Bas.

Dende o BNG, cuestionamos que se prantexe como un acto de carácter informativo sobre a Enseada de San Simón, cando Portos, carece de competencias neste espazo.

O goberno de Javier Bas, vén de anunciar a celebración dun acto sobre a situación e o futuro da Enseada de San Simón. Dende o BNG consideramos que este acto, obedece abertamente ao proceso de campaña electoral. Unha vez máis as institucións ao servizo do PP.

A presenza de técnicos deste ente dependente da Xunta de Galiza, obedece unicamente a tentar acalar as voces en contra das graves agresións sufridas pola Enseada, auspiciadas polo goberno municipal. Lembramos que a construción dun murallón sobre o propio areal, de máis de 200 m. de longo, constituíu un dos maiores ataques ao equilibrio mariño da Enseada dos últimos tempos. A obra realizouse sen as preceptivas medidas de seguridade, nin informe ambiental, supoñendo a morte dunha alta porcentaxe de cría de ameixa nesta parte da Praia.

Para o BNG, sorprende que Portos de Galiza, quen carece de competencias neste espazo da Rede Natura 2000, veña a falar do futuro da Enseada. O deterioro ao que estivo sometido este entorno, viuse agravado nos anos de goberno de Javier Bas.

Que agora se pretenda disfrazar de acto público, un acto meramente propagandístico, certifica que o alcalde de Redondela vive fóra da realidade. As institucións non poden estar ao servizo dos partidos. Constitúe un asalto aos máis elementais principios democráticos.

Chama a atención que sendo un acto público, organizado polo concello, non se convidara aos grupos políticos, polo menos ao BNG, e non se desenvolvera nun centro de carácter público, como pode ser o Centro Cultural de Cesantes.

“Afortunadamente, a xente non é tan fácil de manipular como Javier Bas, e o Partido Popular cren”.

10264858_684729594982971_6658222257821119359_n

A presenza de persoal de Portos de Galiza, obedece a un acto electoral do goberno de Javier Bas.