O presidente do Consello Parroquial do Viso debe demitir.

O presidente do Consello Parroquial do Viso debe demitir.

En caso de que se confirme a falsidade da información facilitada.

A última convocatoria de xuntanza do Consello Parroquial de O Viso, supuxo un intenso debate entre o representante do BNG, Anxo Lusquiños, e o seu presidente, Jesús Crespo.

O aspecto máis salientábel desta xuntanza foi a aprobación por unanimidade dun escrito presentado pola organización nacionalista, rexeitando a ampliación da Ponte de Rande, e reprobando a actuación do Partido Popular.

Outro dos aspectos que tradicionalmente se veñen demandando dende a parroquia, e que no seu momento foi promesa eleitoral de Javier Bas, centrouse na remodelación do campo de fútbol, e área recreativa anexa.

Anxo Lusquiños, trasmitíu igualmente naquela xuntanza do Consello Parroquial, a preocupación de numerosas familias, pola supresión das ludotecas, que viña organizando o concello. Tratábase dun servizo ben acollido, nunha parroquia, onde a maior eiva son os equipamentos, non así a demanda de actividades de carácter lúdico e social. Como era de esperar, a resposta do presidente do consello parroquial, limitouse a evasivas, medias respostas, e algunha falsidade.

Outro dos aspectos que o representante do BNG sacou na xuntanta do CP de O Viso, foi a falla de sinalización e seguridade viaria, nos camiños polos que atravesa o Camiño Portugués. A resposta dada por parte da presidencia, doutra volta, unha evasiva.

En todo caso, xa non lle sorprende ao Bloque Nacionalista Galego, que dende os  Consellos Parroquiais, o goberno de Javier Bas, dea información falseada, ou que pouco se faga en canto aos acordos adoptados.

No caso de que a información facilitada naquel Consello se demostre que é falsa, o presidente, Jesús Crespo debe demitir. Así o vai exixir o BNG. Apelando ao sentido de responsabilidade e respeito cara ao resto de membros do CP, dende a organización nacionalista vaise a esperar a aprobación da acta da xuntanza, para que se dean pasos en firme cara a este obxectivo.

Mais o Consello Parroquial de O Viso, tén amosado unha ampla experiencia e compromiso parroquial, polo que vai permitir que se sigan debatendo cuestións moi importantes para a mesma. O compromiso do BNG, é o de facer seguemento e desenmascarar as falsidades do goberno de Javier Bas.

 

O presidente do Consello Parroquial do Viso debe demitir.