Sobre a proposta de prioridades das mocións.

Sobre a proposta de prioridades das mocións.

A iniciativa da Agrupación de Electores, sobre a prioridade das Mocións do Pleno de Redondela, merece, ao entender do Bloque Nacionalista Galego, dunha serie de aclaracións.

Este mesmo tema xa se ten tratado nalgunha xuntanza de voceir@s, chegando ao acordo de que se discutirían en función do número no rexistro de entrada. Fórmula perfectamente válida antes e agora.  En todo caso, terá que ser AER, quen xustifique o seu cambio de opinión, incumprindo un acordo tomado hai meses.

As demandas de carácter social (como a moción da Federación de Asociacións de Veciñ@s), as iniciativas das diferentes forzas políticas, ou as que se prantexen para o Pleno, teñen todo un mes para seren presentadas.  Carece de toda lóxica que se agarde ao derradeiro día de prazo, para a presentación de calquera iniciativa.

No seu momento, a Agrupación de Electores prantexou deixar a derradeira media hora do Pleno mensual, para comparecencias, preguntas e rogos. O resto de grupos estiveron de acordo neste prantexamento. Non é responsabilidade do BNG se na exposición das mesma invirten 5 minutos lendo un texto. Ademais cómpre recordar o “mimo” que o equipo de goberno ten amosado co concelleiro de AER permitíndolle facer 3, 4 ou 5 preguntas dentro da suposta dunha única pregunta a prantexar

O propio equipo de goberno ten feito un uso perverso do Regulamento Orgánico do Concello solicitando comparecencias aos propios membros do goberno de Javier Bas. A pantomima de Arturo González loando as bonanzas do Centro Comercial en O Canabal, constituíu todo un alarde de “cinismo político”.

O Bloque Nacionalista Galego, como forza de carácter nacional, traballa a prol do conxunto de tod@s @s galegos e galegas defendendo os nosos sectores produtivos, pulando pola preservación dos dereitos colectivos.

Nalgunha ocasión a propia Agrupación de Electores ten presentado iniciativas, en nome doutras forzas de carácter estatal, como no caso da moción dos transxénicos de IU.

Os electores e electoras do BNG en Redondela, teñen dereito a que os seus lexítimos representantes debatan sobre cuestións de carácter nacional, estatal ou mesmo internacional. De non ser así, e ante unha cara tan amable como a que presenta o goberno municipal, non se sabería  a súa postura sobre o aborto, as preferentes, as medidas económicas postas en marcha polo goberno de Rajoy, etc.

Finalmente, Redondela sempre se ten amosado como unha sociedade activa e solidaria, que esixe que as forzas políticas debamos transmitir as nosas posturas en todos aqueles aspectos que afectan á nosa sociedade. Cando menos así o seguiremos facendo dende o BNG.

Sobre a proposta de prioridades das mocións.