PSOE e Podemos, rexeitan melloras na Seguridade Viaria para Redondela.

IMG_20190424_180011
Alto dos Valos
PSOE e Podemos, rexeitan melloras na Seguridade Viaria para Redondela.

Redondela é atravesada por diversas infraestruturas de titularidade estatal, algunhas das cales causan un grave impacto social e ambiental. Dende a liña do Eixo Atlántico, unha liña férrea convencional, tres estadas estatais, a autoestrada AP-9, afeccións do Aeroporto, e do Porto de Vigo.

Milleiros de coches cruzan diariamente os núcleos urbanos, e parroquias deixando unha pegada de inseguridade viaria, contaminación acústica, visual, incomodidades. Colexios, centros culturais, desenvolvemento urbanístico, deterioro da calidade de vida da veciñanza, constitúen aspectos nocivos, aos que por desgraza xa estamos afeitos e afeitas.

As liñas de ferrocarril, lonxe de dar servizo ás necesidades de 30.000 habitantes, inciden máis negativamente. O tren que cubre o Eixo Atlántico, apenas para en Redondela; Chapela carece de estación dende hai unha década, desmanteláronse apeadeiros e liñas de comunicación de tren.

As propostas do BNG aos orzamentos estatais, pretendían mitigar, só en parte, esta inseguridade viaria que a cotío padecemos. Construción da Rotonda dos Valos, urbanización da N-550 en Cesantes, reforma integral da estrada ao Aeroporto, constituíron unha partida de 8´5 millóns de euros, que os votos de PSOE e Podemos rexeitaron.

PSOE e Podemos, rexeitan melloras na Seguridade Viaria para Redondela.