Moción en demanda de melloras dos Centros de Saúde de Redondela

dav
Imaxe dunhas das concentración convocada polo BNG de Redondela por uns centros de saúde de calidade.

O grupo municipal, vén de presentar unha  moción para ser debatida no pleno de decembro, que insta ao goberno galego a realizar melloras na sanidade pública no noso concello.

Moción en demanda de melloras dos Centros de Saúde de Redondela

A grave situación epidémica que estamos atravesando en toda Galiza, incide negativamente na atención sanitaria primaria.  A Xunta de Feijóo, impuxo a fórmula de atención telefónica, para o diagnóstico, tratamento e seguimento dos e  das doentes. Unha fórmula que vai tentar impoñer no futuro unicamente por criterios de aforro económico. Demostran así, que para eles a saúde constitúe un negocio.

O cribado realizado a 1.500 veciños e veciñas de Redondela, que tiveron que desprazarse ao hospital Álvaro Cunqueiro, demostra que estamos ao límite da capacidade de atención sanitaria. Todo motivado polos recortes aos que os vén sometendo os diferentes gobernos de Feijóo.

Na moción, o BNG de Redondela, demanda maior dotación de profesionais sanitarios tanto no Centro de Saúde de Redondela como no de Chapela. Para o primeiro solicita a dotación de dous médicos ou médicas de familia, unha ou un pediatra, e un psicólogo ou psicóloga. Para o segundo, un médico de atención primaria, e dous ou dúas enfermeiras.

Moción en demanda de melloras dos Centros de Saúde de Redondela