Preocupación no BNG, polo gromo no Fogar Residencial de Cesantes.

P1030230

O aumento do número de afectados e afectadas no  Fogar Residencial de Cesantes, que chegou a 17 nos últimos días, alertou aos e ás nacionalistas.

Preocupación no BNG, polo gromo no Fogar Residencial de Cesantes.

Neste Fogar, conviven ata 25 anciáns, onde desenvolven a súa vida. O gromo, afectou a dúas terceiras partes dos e das residentes. Descoñécese se o persoal do centro, dependente da Xunta, a traveso dunha concesionaria, viuse afectado.

Dada a alarmante situación, dende o grupo municipal do BNG, dirixíronse á alcaldesa para que lles transmitira toda a información relativa á situación no Fogar.

Por tratarse dun centro dependente do goberno galego, tamén a traveso das súas deputadas, os e as nacionalistas, presentaron diversas iniciativas. Pretenden recabar información sobre a situación asistencial destes usuarios e usuarias do Fogar Residencial de Cesantes.

Segundo o seu voceiro municipal, Xoán Carlos González, “entendemos que a situación é complicada, iso non quita a que se hai que exixir responsabilidades, fagámolo”

Preocupación no BNG, polo gromo no Fogar Residencial de Cesantes.