Xoán Carlos González, considera que o goberno municipal comete un erro, ao non rexeitar o documento da DEUP do Porto de Vigo.

Xoán Carlos González
Xoán Carlos González
Xoán Carlos González, considera que o goberno municipal comete un erro, ao non rexeitar o documento da DEUP do Porto de Vigo.

A inicios de novembro, o voceiro municipal do BNG, presentou un escrito dirixido á alcaldesa, solicitando información sobre as iniciativas que se Ían presentar sobre o Documento Espazos e Usos do Porto de Vigo (DEUP). “Como xa é costume nos últimos meses, ningunha resposta por parte do equipo de goberno”, sinala o edil nacionalista.

O prazo rematou o 15 de decembro, e nos medios de comunicación si que se deu conta das emendas elaboradas por técnicos municipais. Tecnicamente neste período, o que se analiza é o documento de avaliación ambiental simplificada da DEUP.

“Consideramos que se debe iniciar un novo proceso de avaliación ambiental ordinaria, para que máis entidades, colectivos e asociacións poidan alegar ante un documento que condicionará o noso litoral nas vindeiras décadas”, afirma Xoán Carlos González.

“Se non se rexeita o proceso, para iniciar un novo, dáse en parte por bo a proposta da Autoridade Portuaria, e Redondela, como o concello máis negativamente afectado, non se pode permitir ese luxo”, afirma .

O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de presentar unha Proposición Non de Lei, para que se debata na correspondente comisión no Congreso dos deputados e deputadas, para que o Ministerio de Transición Ecolóxica, reinicie o proceso de avaliación ambiental. Trátase dunha fase decisiva, de defender verdadeiramente a Enseada San Simón e a Ría de Vigo.

 

Xoán Carlos González, considera que o goberno municipal comete un erro, ao non rexeitar o documento da DEUP do Porto de Vigo.