Sen rastro de Alfonso Rueda do ERTE que planea sobre Nova Pescanova.

IMG-20231009-WA0000
Jéssica García e Xoán Carlos González na concentración en Conxemar.

Xoán Carlos González Campo considera que o silencio do presidente da Xunta confirma o desinterese polos postos de traballo.

 

Sen rastro de Alfonso Rueda do ERTE que planea sobre Nova Pescanova.
As mobilizacións iniciadas polos traballadores e traballadoras de Nova Pescanova durante a celebración da Feira Conxemar, volveron a situar nos medios de comunicación a problemática de máis de oitenta implicados no expediente de regulación de emprego. 
Membros do BNG de Redondela participaron da concentración na tarde do martes que chamou a atención de centos de asistentes á feria de alimentación. 
O voceiro nacionalista referiuse ao silencio do presidente da Xunta, que “non quere saber nada sobre esta regulación de emprego”. “Rueda desenténdese dunha situación que vai levar a que máis de oitenta traballadores e traballadoras sexan despedidos e despedidas, cando Nova Pescanova tén recibido axudas públicas do goberno galego”. 
Xoán Carlos González Campo, volveu manifestar o apoio da organización nacionalista nas xustas reivindicacións do colectivo. “Tememos que este sexa o primeiro de futuros e sucesivos expedientes, ou plans de regulación que van afectar a economía de numerosas familias de Redondela, e concellos veciños”.
Sen rastro de Alfonso Rueda do ERTE que planea sobre Nova Pescanova.