O BNG exixe compromiso ao goberno de Redondela coas obras da vía férrea en Cedeira e Os Valos

IMG-20231015-WA0005

Demanda que se realicen asembleas informativas, seguemento das obras e que se garanta que os terreos ocupados temporalmente se devolvan á situación orixinaria.

 

O BNG exixe compromiso ao goberno de Redondela coas obras da vía férrea en Cedeira e Os Valos
Saxamonde, Negros e Cedeira son as parroquias afectadas polas obras de mellora da vía que vai iniciar ADIF. Estas intervencións forman parte dun proxecto maior que vai dende Guillarei ata o noso concello.
No caso concreto que afecta a Redondela, vaise intervir no túnel dos Valos coa ampliación dun falso túnel de 70 metros. A máxima preocupación para a organización nacionalista reside nas expropiacións, e ocupacións temporais. Ademáis viais, balados públicos, e mesmo algunha fonte poden quedar afectadas.
Algo máis de 9.000 metros de expropiacións entre as tres parroquias afectadas, 12.000 metros cadrados de ocupación temporal, cuxos terreos deberán volver á situación orixinal. Vendo a experiencia das afeccións das obras do AVE no Val do Maceiras, o futuro preséntase sombrío, consideran dende ao organización nacionalista.
Por todo isto demandan ao goberno municipal de Redondela, máximo compromiso coa veciñanza para impedir “atropellos” de ADIF. “Demandamos que tamén ser realicen asembleas informativas”, demanda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Pide igualmente seguemento das obras para mitigar o impacto das mesmas, e que a reposición de servizos públicos se faga de inmediato. “Finalmente pide o compromiso do goberno municipal para que exerza a presión necesaria para que a devolución dos terreos afectados se faga en iguais condicións a como inicialmente se atopaban”, sinala finalmente na súa nota.
O BNG exixe compromiso ao goberno de Redondela coas obras da vía férrea en Cedeira e Os Valos