En Redondela, o goberno PSOE-AER gasta e o BNG pón os votos decisivos
Gastos de 700.000€ que adebedaban a proveedores que poderán cobrar grazas aos tres votos nacionalistas.
03 feb. 2025 - 09:12
De auténtica “chanchullada” consentida pola alcaldesa calificou Xoán Carlos González que se pagaran varias facturas a unha empresa nas que “o voceiro de AER foi apoderado, un exconcelleiro de AER é comercial, e o concelleiro de AER abona a factura”. Nestos termos denunciou o que está a suceder en Redondela.
No primeiro pleno do ano 2025, leváronse a pleno unhas 1.200 facturas que se adebedaban do ano anterior. Prácticamente a metade correspondían a consumo eléctrico de instalacións municipais, e alumeado público.
O resto das facturas adebedadas polo goberno PSOE-AER, correspondían a distintas adquisicións, servizos que mesmo estaban pendentes de pago dende outubro de 2024. Moitos destes pequenos negocios, comercios, entidades desenvolven a súa actividade no noso concello.
Levar a pleno estas facturas, é un requisito legal imprescindíbel para poder abonalas. “Malia que se trata de gastos cos que non temos nada que ver, asumimos a nosa responsabilidade de fiscalizalo”, aclara Xoán Carlos González.
“Mentras o gasto o realizan PSOE e AER o noso voto a favor é imprescindible para que moitos pequenos negocios de Redondela cobren”, destaca. Pola súa parte o PP, non apoiou novamente o pago de facturas.