O de Redondela, un goberno que se nega a negociar.

IMG-20250604-WA0010
GM do BNG de Redondela

O Inventario de Bens, un acordo que retrasaron seis meses ata que o BNG puxo enriba da mesa a solución.

 

O de Redondela, un goberno que se nega a negociar.
A aprobación do Inventario de Bens Municipais retrasouse durante seis meses malia que a solución estivo sempre na man do goberno de Digna Rivas. A proposta levouse a pleno tendo en conta as alegacións e suxestións presentadas por colectivos e particulares. A alcaldesa-presidenta do concello de Redondela decidíu libremente presentar o acordo en bloque, ou todo ou nada.
A traverso do noso voceiro, Xoán Carlos González, xa en marzo puxemos enriba da mesa a problemática de acceso ao mar no camiño de Soutelo, no barrio da Formiga en Cedeira. Un particular decidíu pechar o acceso, e ante a inacción do goberno municipal de Redondela un colectivo de veciños e veciñas decidíu mobilizarse. 
Na aprobación de alegacións do Inventario, rexeitábanse as demandas dos colectivos e asociacións en relación a este acceso ao mar. O BNG, apoiámolos en todo momento. 
O grupo municipal do BNG solicitou que o Inventario se votara por puntos, como así foi finalmente. Deste xeito púidose aprobar algunhas alegacións pendentes. Tamén se aprobou, cos votos en contra de PSOE e AER, o dereito a manter aberto o acceso ao mar en Soutelo.
A estratexia do equipo de goberno de Digna Rivas consiste en negar calquera tipo de negociación, e tensionar a situación. Quen sufre as consecuencias, os e as redondelás.
O de Redondela, un goberno que se nega a negociar.