O BNG propón a reformulación dos equipamentos culturais en Redondela.

IMG-20251028-WA0008

Xoán Carlos González: "Vila Elisa e o edificio etnográfico da Marisma poderían intercambiar finalidade para dar respostar as necesidades socioculturais".

 

O BNG propón a reformulación dos equipamentos culturais en Redondela.
O apoio do Bloque Nacionalista Galego para a reserva de fondos municipias coa finalidade da adquisición de Vila Elisa, abre para os e as nacionalistas un novo horizonte de equipamentos culturais no noso concello. Entenden que se trata dunha oportunidade para dar pasos en firme para mellorar os equipamentos socioculturais.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González afirma que no momento no que se adquira Vila Elisa o goberno de Digna Rivas, debe abrir a posibilidade de reformular a finalidade tanto deste edificio como do museo etnográfico da Marisma.
Destaca que dende o inicio estivemos a favor da construción dunha biblioteca municipal pública, que xa contemplábamos no noso programa de goberno. Considera que calquera prosposta debe dar resposta ao cumplimento da normativa galega. Temos que aspirar a que a nova biblioteca dea resposta ás necesidades das vindeiras dúas décadas.
Igualmente recorda que deron o seu apoio á construción do museo etnográfico en Redondela, que tamén albergara a obra de Ángel Barros. Compre actuar con rigor e seriedade para poñer en valor as nosas potencialidades.
Recorda que o BNG adquiríu o compromiso hai anos, de crear o Museo de Antropoloxía e Historia de Redondela MUDHAR. Tamén defende o museo do títere de Redondela.
Imos seguir facendo proposta en positivo para Redondela, para situarnos como referenza cultural do sur da provincia, remata na súa nota o voceiro nacionalista. 
O BNG propón a reformulación dos equipamentos culturais en Redondela.