Redondela tamén botou a Gallardón.
Poucos días pasaron dende que o ministro de xustiza do goberno español, anunciou que renunciaba ao seu cargo. O motivo principal, que o presidente Rajoy aceptara retirar a proposta de reforma da Lei do aborto. Finalmente a presión social, fixo recuar ao PP.
Non foi, evidentemente, por iniciativa do goberno de Javier Bas, polo que Redondela se amosou en contra das iniciativas antisociais e antidemocráticas tomadas polo ministerio. Precisamente, as iniciativas do BNG, xunto ás presentadas polos outros dous grupos da oposición, e de que o goberno municipal está en minoría, foi o que produciu este feito.
O enfrontamento ás coñecidas como Lei de Taxas, Lei de Reforma dos Partidos Xudiciais ou Lei de Modificación do Aborto, foron levadas nos últimos anos a diferentes Plenos. A minoría na que goberna o grupo de Javier Bas, levou a que se rexeitaran todas estas iniciativas do ministerio. En caso contrario, hoxe non poderiamos amosar dende o BNG a satisfacción porque Redondela segue a ser un concello que maioritariamente está a prol das políticas sociais.
Un dos aspectos máis lamentábeis desta situación refírese ás artimañas empregadas por quen, dende o goberno municipal, defendeu a Gallardón. Concelleiros e concelleiras que teñen moita vinculación coas problemáticas que se vían agravabadas con estas leis: un avogado, ou unha concelleira de muller.
Escolleuse o camiño de desacreditar aos grupos que plantexaban as iniciativas de levar mocións ao Pleno, cos argumentos de que se trataba de anteproxectos e que o que se pretendía era confundir a veciños e veciñas, ou que se creaban debates ficticios dende espazos de decisión fóra de Redondela.
Viuse obrigado o goberno de Javier Bas a, como moito, absterse dos acordos plenarios, que mantiveron ao noso concello entre os que seguen apostando por afondar nos dereitos das mulleres para decidir sobre os seus corpos, ou apoiar unha xustiza de calidade.
Forzando a dimisión de Gallardón, evidenciouse que a presión social e a iniciativa política poden ir acompasadas. Nuns tempos nos que a desesperanza está moi present entre grande parte da sociedade, dende o BNG apostamos por seguir afondando dende a rúa e dende a actuación política na defensa dos dereitos sociais e nacionais. Para poder acadar tal obxectivo cómpre manter unha sociedade formada, informada, activa e comprometida.