Rexeitemos a violencia de xénero!

Rexeitemos a violencia de xénero!

Como todos os primeiros luns de mes, convocado polo Consello Municipal de Igualdade, celebrouse ás portas do Concello unha concentración para rexeitar a violencia de xénero.

Tal como acordara o mesmo órgano, un colectivo parroquial, neste caso do Centro Cultural de Vilar de Infesta, encargouse de ler o manifesto elaborado para a ocasión.

Novamente expresouse un rexeitamento do conxunto da sociedade contra este tipo de violencia que aínda hoxe en día azouta a milleiros de mulleres na Galiza. “A prostitución, o acoso laboral, o maltrato psicolóxico a violencia física, … constitúen diversos modos dunha mesma expresión”, recollía o manifesto.

Ao longo do mesmo, expúxose a necesidade de que non se baixe a garda na loita pola eliminación desta lacra social. Compete ás administracións públicas, forzas políticas, sociais, educativas, manter a tensión sobre unha problemática, que lonxe de seren eliminada, semella que se reproduce en capas máis novas da nosa sociedade.

Como en todas as anteriores concentracións, o BNG tivo presenza nesta concentración, como un acto simbólico de rexeitamento deste xeito de terrorismo. A crise económica agravou a situación de sometemento de moitas mulleres, perpetuando un patriarcado, que moitos mozos e mozas, reproducen mimeticamente.

Constitúe todo un reto, achegar a un maior número de veciños e veciñas, a necesidade de tomarse a violencia contra as mulleres como un serio problema. A presenza do BNG, nun goberno municipal, vai asegurar a existencia de recursos, programas de concienciación e educación, e especial protagonismo do Consello Municipal de Igualdade co obxectivo de eliminar esta problemática da nosa sociedade.

10710243_731885496861082_4544810640642207476_o

Rexeitemos a violencia de xénero!