A SALUBRIDADE DAS FONTES PÚBLICAS, XA NON É CONTROLADA POLO GOBERNO MUNICIPAL
O BNG tacha de imprudente ao goberno de Javier Bas por teren renunciado a dito control.
As fontes públicas forman parte do patrimônio cultural do concello de Redondela. Tradicionalmente eran puntos de encontro de veciños e veciñas que se tiñan que abastecer dos mananciais para subministro das vivendas, ata que ben o concello, ou as comunidades de augas surtiron de abastecemento ás vivendas.
Durante varias décadas estas fontes públicas caíron en desuso, limitándose algúns veciños a aprovisionarse da auga das mesmas para consumo próprio. Esta tendencia, fixo que xa hai varios anos se iniciara un Programa de recuperación de fontes, que incluía a mellora da propia infraestructura, como o control da calidade e salubridade das mesmas.
O seguemento da calidade da auga pública realizábase semestralmente por parte do concello, para que se puidera seguir consumindo con plena seguridade. Os parâmetros básicos de salubridade, viñan recollidos no RD. 140/2003, de Consumo Humán de Augas.
Dito Programa de recuperación foi valorado moi positivamente tanto polos veciños dos cascos urbáns, como das diferentes parroquias de Redondela.
Deixación de funcións do goberno municipal.
Mais a entrada no goberno municipal do Partido Popular, supuxo um abandono deste control e seguemento das fontes públicas. Dendê o BNG califícase dito abandono dunha temeridade e imprudência que pode poñer em risco a saúde pública, posto que um importante número de redondeláns segue facendo uso das nosas fontes.
Despois de máis dun ano, o goberno de Javier Bas, non se preocupou da mellora das fontes públicas nin da calidade das augas. Esta situación agrávase nos meses de verán, posto que os mananciais poden baixar o seu caudal, aumentando o consumo por parte dos veciños e veciñas.