Satisfacción no BNG, ao deterse a Ampliación de Pantaláns en Arealonga.

Satisfacción no BNG, ao deterse a Ampliación de Pantaláns en Arealonga.

É de destacar que foron as alegacións presentadas por varios colectivos, xunto á moción presentada pola forza nacionalista, as que forzaron á Autoridade Portuaria a paralizar os Proxectos. Lembramos que o goberno de Javier Bas, votou en contra, poñendo en risco o futuro de Arealonga.

En resposta ao escrito presentado por Xoán Carlos González, onde se lle requiría ao alcalde Javier Bas, polas iniciativas tomadas a respecto da Ampliación dos Pantaláns, confirmouse que a Autoridade Portuaria, paralizaba ditos Proxectos. Nunha comunicación de poucas liñas, dábase conta do fin dun problema, que se estaba agravando nos últimos meses.

Ditos Proxectos de Ampliación de Pantaláns, nas inmediacións da Praia de Arealonga en Chapela, suporían unha ocupación da lámina de auga, duns 5.000m2. A xuízo do BNG, trataríase dunha nova actuación, dunha zoa de lecer e esparcemento, xa moi degradada pola actividade humana nas últimas décadas.

Dende a forza nacionalista, puxémonos a traballar, dende o mes de marzo, en colaboración con outros colectivos, que presentaron as súas propias alegacións. AA.VV. De Chapela, Clube de Traíñas de Chapela, e a Ría non se Vende, foron as asociacións que presentaron alegacións no seu momento.

O Grupo Municipal do BNG, elaborou unha Moción para coñecer as xestións que se realizaran dende o goberno de Javier Bas. Pretendíase saber, se o grupo de goberno municipal estaba de acordo ou non con ditas actuacións. Mais, a máxima responsabilidade recaía na Autoridade Portuaria, e no seu presidente, Ignacio López Chaves.

A Moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, instaba ao Pleno a oporse a estas propostas e a que o alcalde, Javier Bas, realizara as xestións pertinentes como membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, para detelos definitivamente.

A proposta nacionalista contou co apoio do resto dos grupos da oposición. O Partido Popular, pola súa banda, votou en contra.

Para o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, “o goberno municipal, co alcalde Javier Bas á fronte, actuou de xeito irresponsábel en contra do futuro de Arealonga, e dos veciños e veciñas de Redondela. Grazas á presión social, e á iniciativa política, detivéronse estas iniciativas. Queremos amosar a nosa máxima satisfacción, polos froitos acadados, que se viron refrendados estes días”.

 

Xoan Carlos González, concelleiro do BNG nunha visita á praia de Arealonga.

PRAIA AREALONGA

 

Satisfacción no BNG, ao deterse a Ampliación de Pantaláns en Arealonga.