Segundo o BNG, Eidos reflexa a incapacidade do goberno de Bas, de crear zoas urbanas habitábeis.
Para Xoán Carlos González queda patente, que o modelo de urbanización do Partido Popular, prima aos coches sobre as persoas.
A resposta dada dende o goberno municipal de Redondela, demostra que carecen de interese por recuperar espazos urbanos para a veciñanza, segundo o concelleiro do BNG. Tivo que ser a oposición quen lle marcara a pauta a seguir a este goberno, en alusión a unha moción presentada hai un ano no que se pedía que se tomaran diversas iniciativas para crear entorno urbanos máis habitábel na zoa de Eidos.
Para Xoán Carlos González, o goberno de Javier Bas, foi dando pasos para que unha zoa de medre como a de Eidos, se vaia convertendo nun barrio dormitorio. Recorda como hai varios meses, reestruturouse a zoa co único obxectivo de crear máis prazas de aparcadoiro. A urbanización de Eidos, sen pasos sobre lombos, liñas descontinuas ou prazas que invaden as beiravías, deixan ben as claras que o goberno de Javier Bas, está incapacitado para crear entornos urbanos que melloren a calidade de vida da veciñanza.
A aposta do BNG, vai no sentido contrario, afirma, crear espazos para as persoas, en entornos máis habitábeis, reducindo o uso do vehículo particular, facilitando os desprazamentos a pé, facilitando a mobilidade e accesibilidade.
Tamén sinala o concelleiro do BNG, que o retraso na urbanización de Eidos, veu motivado pola cesión de parte dunha zoa verde por parte das construtoras. Ou ben minten á xente, sobre os motivos desta tardía urbanización, ou descoñecen os motivos dos atrasos. Calquera das dúas parécenos gravísima. Refírese igualmente Xoán Carlos González, a que o goberno municipal non priorizou o Proxecto de urbanización de Eidos no Plan da Deputación, en pleno ano 2014, con miras ás eleccións municipais.
Anima o concelleiro do BNG a que os veciños e veciñas da zoa de Eidos, ben a título particular ou como colectivos presenten por rexistro que se solventen estas deficiencias, e se dean pasos para mellorar este entorno. A veciñanza ten na súa man moita capacidade para presionar, e influír no goberno municipal.