Novos modelos de contratación. Algo está a cambiar na Deputación.
Froito dos acordos para gobernar a Deputación de Pontevedra, entre o PSOE e o BNG, estanse a dar novos pasos, nas políticas emanadas dende esta administración.
Foi o Bloque Nacionalista Galego, o único grupo que en Redondela cuestionou contratos asinados polo goberno de Javier Bas, por uns 500 mensuais. A sinatura destes contratos poñía a Redondela como un concello que creaba postos de traballo en precario; algo inaudito.
Parece que este novo goberno da Deputación Provincial, está por rematar con estas prácticas. Hai poucos días saíron publicadas as Bases para a Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais. Ditas bases recollen que se subvencionará o custe salarial total, incluída a Seguridade Social de traballadores e traballadoras desempregadas, por un período de dous meses. O importe subvencionable, calcúlase en función do Salario Mínimo Inteprofesional, nunha xornada semanal de 37,5 horas.
Nas propias bases, recóllese que en función do número de habitantes, a Redondela corresponderíanlle 34 persoa nesta situación.
Malia que apenas se trata de dous meses de traballo, ata fin de ano, dende o BNG, acreditamos neste novo modelo de contratación da entidade provincial. A contratación de persoal, aínda que sexa de xeito temporal, debe respostar aos conceptos básicos de traballo e soldos dignos.
http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2015/09/28/2015036307