A SOLUCIÓN AO PROBLEMA DE TRÁFICO EN REDONDELA, UNHA FRAUDE ELEITORAL DO PP.
O BNG demandou debater sobre un Plano de Tráfico integral do concello.
Pasou máis dun ano, e as expectativas creadas en Campaña polo equipo de Javier Bas, constatouse que formaban parte dunha xeira de falsas promesas. Presentábase o PP como a solución aos problemas do tráfico tanto nos cascos urbáns, como do que cruza o noso concello a diario.
Con moita paciencia, agardou o BNG a que se puxeran enriba da mesa posíbeis solucións, ás que poder aportar dende a oposición posíbeis alternativas. Namentras, todos os e as redondeláns, asistiamos a un agravamento constante de dita situación. Como, xa vén sendo característica deste goberno municipal, dábanse pasos sen proxecto nen coordinación algunha: eliminación, por via dos feitos consumados, do aparcadoiro limitado na zoa azul na Ribeira; cortar os plataneiros, o que supuxo un efeito chamada para que agora aparquen máis coches; falla de control no centro de Redondela e Chapela.
Abrir o Casco Vello ao tráfico.
Despois de demandar que se puxera enriba da mesa o Plano de Tráfico para Redondela na comisión correspondente, Arturo González, como concelleiro de tráfico, deu ao traste coas expectativas xeradas. Limitouse a presentar un Plano para o Casco Vello de Redondela. O único que se sacaba en limpo de dita proposta, era que a rúa Cruceiro e Loureiro, ian ser abertas novamente ao tráfico. Segundo Arturo González, plantexábase esta como a solución a posíbeis saturacións do centro de Redondela.
Diante do silencio tanto de AER como do PSOE, o concelleiro Xoán Carlos González, manifestou que se trataba dun paso atrás na mellora das condicións de vida e un deterioro evidente no Casco Vello en Redondela.
Falsas expectativas.
Nesta mesma comisión o concelleiro do BNG, considerou que unha vez máis asistiamos a un fraude eleitoral do Partido Popular. Máis dun ano despois, non se abordaban os verdadeiros problemas do tráfico en Redondela. Demandou propostas para o resto do casco urbán de Redondela, para Chapela, e para as outras parroquias do concello. A aquelas alturas, do mes de xuño, preocupáballe ao BNG, a problemática dos accesos aos areais de Redondela, principalmente á praia de Cesantes.
Arturo González, limitouse a dicir que nas seguintes semanas, presentaría diferentes propostas. A dia de hoxe non existe nada.
Dende o BNG consideramos que se tratou dunha burla ao conxunto da veciñanza, crear falsas expectativas, e non ter feito absolutamente nada para mellorar a situación do tráfico.
Propostas do BNG.
Dende o BNG seguimos a defender que a solución dos problemas do tráfico pasa por:
- Traballo coordinado de diferentes eidos: educativo, medioambiental, cultural.
- Mellora da rede de transporte público, nomeadamente o autobús, e o tren.
- Redución dos vehículos no centro de Redondela.
- Difusión do uso de transportes respetuosos medioambientalmente, nomeadamente a bicicleta.
- Campañas para deixar o coche en casa, e realizar desprazamentos curtos camiñando.
Dende o BNG seguiremos emprazando ao goberno municipal do PP, para que se traballe sobre um Plano de Tráfico conxunto para todo o concello de Redondela.