Para X. Carlos González, “o alcalde, Javier Bas, ocultou a ampliación da Senda do Maceiras.

Para X. Carlos González, “o alcalde, Javier Bas, ocultou a ampliación da Senda do Maceiras.

Anuncian unha nova inversión no río Maceiras, ocultándoo na xuntanza mantida con colectivos pola mellora da seguridade viaria da N-555. En encontros cos colectivos afectados insiste en que o Paseo, non vai ser a alternativa á seguridade viaria, cando nos medios, continúa co mesmo discurso.

A pasos axigantados, o alcalde de Redondela desacredítase a si mesmo. Alentado por manterse no sillón da alcaldía, malia que reduciu a súa representatividade, enfronta unha campaña do “tira para adiante”.

O recente anuncio de que outros 40.000€, serán invertidos no Paseo do Maceiras, vía convenio coa Consellaría de Medio Ambiente, convértese nun novo capítulo de propaganda. Asistimos a un episodio máis, do esperpento desta obra. Hai varios anos, anunciaron que xa iniciarían as obras de 1,5qm, cunha inversión duns 300.000€. Estaba todo feito. Pouco quedaba para a veciñanza puidera gozar desta obra.

“Hai tres semanas, que convocou a colectivos e forzas políticas para aclarar a situación da estrada. Malia que insiste en que todos debemos aportar en positivo, en ningún momento fixo referencia a este convenio. Supoño que para non restarlle protagonismo”, afirma o concelleiro do BNG.

Destaca o concelleiro nacionalista, a importancia da sinatura do convenio coa Consellaría de Medio Ambiente, xa que Javier Bas “insiste en prantexar a Senda do Maceiras como unha alternativa á mobilidade de peóns desta parte de Cedeira”.

Para o BNG, unha cousa é a recuperación dos espazos naturais, e outra a mellora da seguridade viaria. Neste caso, novamente Javier Bas, no canto de exercer de verdadeiro alcalde de Redondela, amósase compracente tanto con Fomento como coa Xunta.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, bótalle en cara ao alcalde Javier Bas, que se adique a facer anuncios e a xogar coa vontade da veciñanza. “Primeiro anuncia que van facer un paseo de quilómetro e medio, como alternativa á seguridade viaria. Despois desdinse, inician as obras por treitos. Afirma en xuntanzas con colectivos que o Paseo nunca substituirá ás beirarrúas. Agora volve a falar de alternativa á mobilidade de peóns”

Para o concelleiro do BNG, “Javier Bas, dá pasos de xigante, desacreditándose ante os seus veciños e veciñas. Nós non imos quedar calados”, afirma.

Para X. Carlos González, “o alcalde, Javier Bas, ocultou a ampliación da Senda do Maceiras.