X. Carlos González, considera innecesarios 80.000 para a limpeza de camiños, contratatando empresas
O concelleiro do BNG, contrapona ao bo facer por parte dos operari@s municipais.
Rematado o período de limpeza de noiros, cunetas e beirarrúas, durante os meses de xuño, xullo, agosto, dende a organización nacionalista, certifícanse varios feitos. Por unha banda, consideramos innecesario habilitar unha partida de 80.000, para que unha ou varias empresas desenvolvan esta función.
Segundo expresa o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, os resultados da limpeza de camiños por estas empresas, deixan moito que desexar. Isto redunda, en que durante o inverno a evacuación das augas da choiva, sexa en moitos puntos moi deficiente.
Pola contra afirma que dende o BNG, queremos poñer en valor o traballo desenvolvido polos empregados municipais, que asumen a limpeza de parte dos camiños do concello de Redondela. Neste sentido, non diferenza na súa valoración do traballo do persoal do concello, daqueles contratados eventualmente por medio de diversas convenios.
Acusa ao goberno de Javier Bas de falla de previsión, ao referirse ao persoal contratado vía convenio coa Deputación. Poderían ter contratado a este persoal por máis horas que as vintecinco semanais, pagándolle soldos dignos a estes contratados para a limpeza de camiños, mais prefiren adicar 80.000, para realizar unha contratación innecesaria. Recorda que o BNG, sempre estivo en contra de que traballadores do concello cobraran 600 mensuais.
Nos últimos días Xoán Carlos González, ten solicitado información por escrito sobre a limpeza de camiños e cunetas por parte das empresas, para realizar un seguimento estrito dos resultados desta contratación. Os veciños e veciñas das parroquias de Redondela, teñen o mesmo dereito a que a limpeza destes espazos sexa de tanta calidade como dos núcleos urbanos, máxime cando en moitos casos tamén estamos a falar de seguridade viaria, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.