Xoán Carlos González califica de “irresponsábel” ao goberno de Javier Bas, ante a seca.

Carlos Local
X. Carlos González portavoz do BNG de Redondela.

“Dende antes do verán, xa había comunidades que estaban atravesando problemas de abastecemento. O goberno municipal, no canto de planificar iniciativas, mesmo chegou a criticar aos comuneir@s, e ás xuntas directivas”

Xoán Carlos González califica de “irresponsábel” ao goberno de Javier Bas, ante a seca.

O edil nacionalista considera que estase a actuar improvisadamente, ante unha necesidade tan perentoria como o subministro de auga á metade da poboación de Redondela.

Xa no mes de agosto, dende o BNG, demandouse a posta en marcha dun Plan de Choque para paliar a seca que se estaba a padecer. “Novamente o goberno de Javier Bas, actuou con sectarismo, ao desdeñar a nosa proposta, na que se solicitaba xuntanzas coas Comunidade de Augas, para atender as necesidades máis urxentes”, afirma. Continuaron a regarse espazos públicos, baldear rúas, namentres a xente en varias parroquias carecía de auga varios días á semana, mesmo tiña que facer uso da colaboración veciñal, para satisfacer demandas básicas.

“Outra volta o goberno de Redondela, actuou de xeito irresponsábel, segundo Xoán Carlos González, deixando pasar o tempo, a ver se as choivas solventaban esta situación. As negativas previsións sobre a situación meteorolóxica, xunto á lenta recuperación de mananciais, suporá que a problemática manterase nos vindeiros meses, pero non se lles deu relevanza a estes problemas”.

O concelleiro nacionalista considera que o goberno de Javier Bas debe poñerse a traballar de verdade ante unha problemática que afecta ao 50% da poboación e que pode estenderse aos núcleos urbanos. Insta a Javier Bas, a deixarse de facer publicidade en cuestións intranscendentes, e velar realmente polos intereses dos seus veciños e veciñas.

 

Xoán Carlos González califica de “irresponsábel” ao goberno de Javier Bas, ante a seca.