Para Xoán Carlos González, “as ludotecas, reflexan a incapacidade do goberno de Javier Bas”.

Para Xoán Carlos González, “as ludotecas, reflexan a incapacidade do goberno de Javier Bas”.

A xestión das Ludotecas durante o verán “obedece únicamente á directriz de economizar no gasto, sendo secundario a prestación dun servizo que resposte ás demandas das familias de Redondela”, segundo o concelleiro nacionalista.

Considera que novamente o goberno de Javier Bas, tenta confundir á cidadanía, para agochar a súa incapacidade para ofrecer un verdadeiro servizo de calidade. As ludotecas xa existían antes de que se convertira en alcalde. “Os procedementos eran máis sinxelos, non se tiña en conta a residencia do cativo, pois érase conscente de que moitos convivían estacionariamente con familiares, e non quedaba ningunha parroquia sen este servizo. Nalgún momento chegouse a cubrir o mes de agosto, e incluso se chegaron a desenvolver durante o inverno, en días alternos”.

Recorda que o ano pasado quedaron fóra 80 nenos. No presente 60, malia as campañas disuasorias que desenvolveu o goberno de Javier Bas. Insiste o concelleiro do BNG, en que mesmo algunha AMPA, chegou a estudiar a posibilidade de realizar estas actividades pola súa conta, “todos os meses de vacacións escolares”.

Para o concelleiro nacionalista o “modelo das Ludotecas do goberno de Javier Bas, demostra a incapacidade de dar resposta ás verdadeiras demandas da veciñanza redondelá. Este é o motivo de que non apoiáramos a moción de AER de introducir novos criterios, posto que deste xeito estariamos a respaldar as políticas do Partido Popular”.

Remata na nota aclarando que “estas políticas en contra dos intereses dos nenos e das nenas, e das súa familias, foi o que nos levou a presentar unha moción para que Javier Bas cesara á concelleira de Igualdade e Ensino, acordo que non respetou”.

 

Para Xoán Carlos González, “as ludotecas, reflexan a incapacidade do goberno de Javier Bas”.