Xoán Carlos González Campo compromete maiores axudas ás Traídas de Auga.

IMG_20230323_200337
Xoán Carlos González.
Nun encontro coas directivas das comunidades, Digna Rivas, despois de ignoralas durante tres anos, prometeulles agora si maiores axudas
 
Xoán Carlos González Campo compromete maiores axudas ás Traídas de Auga.

Xa nas primeiras negociacións entre o BNG e o PSOE, plantexamos como unha das condicións inexcusables, a recuperación das subvencións ás Traídas de Auga. Estas entidades xa recibiran axudas do concello, cando o BNG asumíu a concellaría de medio ambente.

Ademais de facer dita proposta, que na organización nacionalista se cuantificou en 50.000€, “co fin de acortar prazos e que as axudas chegaran canto antes, presentamos un regulamento”, asegura o voceiro nacionalista. As negociacións chegaron a concretar as axudas en 30.000€. 
 
Nunha xuntanza convocada polo goberno municipal, coa presenza da alcaldesa Digna Rivas e algunhas destas Comunidades, ante as críticas recibidas pola escasa partida adicada a este concepto, prantexaron as correspondentes promesas electorais. 
 
Pola súa parte o voceiro do BNG asegura que “sempre defendemos o relevante papel que desempeñan as Traídas de Auga en Redondela. O goberno municipal debe apoialas economicamente. Sentímonos moi satisfeitos de conseguir un acordo para que estas subvencións cheguen ás Comunidades”.
 
“Dende unha alcaldía do Bloque Nacionalista Galego comprometémonos a manter o apoio económico ás Traídas de Auga coa idea de aumentar anualmente a partida orzamentaria ata chegar aos cen mil euros ao final do mandato 2023/2027”, remata na súa nota Xoán Carlos González Campo.
Xoán Carlos González Campo compromete maiores axudas ás Traídas de Auga.