Xoán Carlos González, considera desastrosa a apertura do Fogar Residencial de Cesantes.

IMG-20160831-WA0002
Concentración no Centro de día de Cesantes

A definitiva posta en marcha deste equipamento volve a sumar un novo retraso, acumulando xa cinco anos. Considera o nacionalista que estase xogando cos usuarios e usuarias e as súas familias, co silencio de Javier Bas.

Xoán Carlos González, considera desastrosa a apertura do Fogar Residencial de Cesantes.

O anuncio feito polo Consorcio Galego de Servizos Sociais dun novo procedemento para a licitación da xestión do Fogar Residencial de Cesantes “constitúe, segundo o nacionalista, un novo exemplo do desinterese da Xunta pola xestión deste centro de carácter público”. Considera que estase a xogar coas expectativas de 20 usuarios e usuarias, e as súas familias que están na busca dunha residencia para unha atención de calidade.

Responsabiliza directamente a Javier Bas, de todos estes atrasos, ao manterse calado ante a ineptitude dos responsábeis da Xunta, sen presionar o suficiente, “como lle correspondería ao alcalde de Redondela”. Recorda que dende que se remataron as obras, producíronse atrasos de ata cinco anos.

“Existe unha infraestrutura de primeira calidade, cunha alta demanda social, partidas orzamentarias suficientes, mais os atrasos séguense acumulando”, salienta o edil do BNG. “Ao único que se dedicaron, foi a sacarse unhas fotos, amosando unha total falta de respecto”. Considera que, “se un político quere ser críbel, primeiro debe actuar e despois anunciar”.

Para o BNG a posta en marcha do Centro de Día e Fogar Residencial, converteuse nunha prioridade dende o ano 2009 posto que permite que os usuari@s reciban unha atención de primeira calidade “incluso coas rendas máis baixas”, mais isto non é prioritario nin para o alcalde de Redondela, nin para o PP”, afirma.

Desvela Xoán Carlos González, que dende que se enteraron da nova, puxéronse en contacto co grupo parlamentario do BNG, co fin de que presentara  unha xeira de iniciativas para forzar os prazos, e que se dean as explicacións pertinentes.

Recorda finalmente, que foi a presión social, da veciñanza, xunto a diversas iniciativas tomadas dende o BNG as que forzaron a apertura do Centro de Dia e Fogar Residencial de Cesantes.

 

 

Xoán Carlos González, considera desastrosa a apertura do Fogar Residencial de Cesantes.