A Asemblea Veciñal de Chapela, obriga a Javier Bas a recoñecer a “escasa vontade de negociar a tarxeta de Vitrasa”

chapela-saldra
Foto: Faro de Vigo

Acertaron dende a A.VV. ao plantexar tempos de intervención limitados nos diversos puntos a tratar, o goberno municipal non puido manexar os tempos, caíndo así en varias contradicións, e mesmo tendo que botar man o alcalde de comentarios de corte machista.

A Asemblea Veciñal de Chapela, obriga a Javier Bas a recoñecer a “escasa vontade de negociar a tarxeta de Vitrasa”

A representación do goberno municipal de Redondela sentíase cómoda, tendo en conta os precedentes de Asembleas nas que acababan lucindo proxectos e promesas, que como na ampliación da Autoestrada, non conduciron a nada.

Malia que Javier Bas e os seus pretenderon intervención longas e baleiras de contido, para aburrir e cansar á veciñanza, dende a mesa que presidía a Asociación de Veciños, facilitaron que se permitise a intervención de todo o mundo, nun auditorio do Multiusos de Chapela ateigado.

O principal argumento do goberno de Javier Bas baseouse nun informe elaborado polo secretario municipal no que se considera irregular a discriminación nas bonificacións da empresa de transporte en función do empadroamento. Quixo redirixir a opinión dos veciños e veciñas, dando a entender que este era o único argumento válido.

Por parte da meirande dos presentes emprazaban o goberno de Redondela a sentar a negociar, entendendo que a única vía axeitada é á política. Así o consideran tamén dende a directiva da A.VV.

O alcalde de Redondela afirmou inicialmente que solicitara unha entrevista co alcalde de Vigo, xunto a un membro da oposición (sen concretar), e un técnico municipal, e que non obtivera resposta. Noutra intervención máis tarde recoñeceu que si se lle respostara, mais que a entrevista debería ser de alcalde a alcalde.

Finalmente, e con toda a súa lóxica, a meirande parte dos e das asistentes, emprazaron a directiva da A.VV. a iniciar mobilizacións inmediatas para presionar, e que se chegue a unha solución antes do 31 de marzo. Dende a directiva, mesmo se ofreceron a xestionar direitamente unha entrevista co alcalde vigués.

Dende o BNG insistimos na necesidade dunha negociación de carácter político, emprazando a Javier Bas a que deixe de exercer de ariete do Partido Popular, buscando unha solución inmediata a este conflito, que a ten.

A Asemblea Veciñal de Chapela, obriga a Javier Bas a recoñecer a “escasa vontade de negociar a tarxeta de Vitrasa”