O BNG de Redondela saúda o nacemento da Asemblea Feminista PAXARETAS.

27544985_290729081455279_7244874136020433607_n
O BNG de Redondela saúda o nacemento da Asemblea Feminista PAXARETAS.

O anuncio do nacemento dunha nova asociación ou colectivo, sempre é unha nova de safisfacción para os homes e mulleres que conformamos o BNG. Moito máis se se trata dunha Asociación que establece a súa base da actuación no eido da muller. A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego, saúda o nacemento da Asemblea Feminista Paxareta, recoñecendo o sentido de que os persoais daquelas que a conforman, converteranse no cimentos dun proxecto colectivo.

Só dende o asociacionismo reivindicativo e comprometido, vanse dando pequenos pasos, que se converten co paso dos anos, en pegadas de xigante, na mellora das condicións de vida dos e das nosas concidadáns. A denuncia do heteropatriarcado, as actividades de difusión da loita feminista, o rexeitamento do feminicidio, que no ano 2017 costoulle a vida a preto de 100 mulleres e nen@s, a igualdade de dereitos, salarios, oportunidades, participación, convértense nos recursos para acadar unha sociedade verdadeiramente democrática.

O BNG valora que as actuais políticas establecidas dende o Partido Popular no goberno do estado, na Galiza e en Redondela, non constitúen máis que parches a unha situación de discriminación, que con novos formatos, estase agravando. Acreditamos en que a actuación dende o movemento asociativo, adquire maior relevancia e protagonismo.

Agardamos longos anos de vida e de actuación no seo da sociedade redondelá, da Asemblea Feminista Paxareta, poñéndonos á súa disposición, en calquera circunstancia.

 

Saúde e República Galega

O BNG de Redondela saúda o nacemento da Asemblea Feminista PAXARETAS.