Xoán Carlos González, insta á alcaldesa á “volta á senda da negociación” co complemento de produtividade.

O voceiro municipal Xoan Carlos González
O voceiro municipal Xoan Carlos González
“A vontade de diálogo, demóstrase con feitos, e non con declaracións nos medios de comunicación”, 
Xoán Carlos González, insta á alcaldesa á “volta á senda da negociación” co complemento de produtividade.

Moi crítico coa postura do equipo de goberno sobre como manexou a proposta de complemento salarial de produtividade, entende que se debe retomar de inmediato. Durante a súa intervención no Pleno, o voceiro municipal, falou de “deslealdade” por parte do equipo de Digna Rivas. “Deslealdade co BNG, con quen evitou negociar para conseguir os apoios necesarios, levando a proposta a Pleno, sen saber o que ía suceder”. Toda unha declaración de intencións.

Pero tamén incidiu en que tratábase “dunha deslealdade cos lexítimos representantes dos traballadores e traballadoras”. Ao non acadar acordo nas mesas de negociación, o PSOE inventou unha “mesa de traballo”, onde negociou propostas cun único interese partidista.

“O goberno do Partido Socialista, atópase en minoría. Necesita ata catro apoios máis, para poder sacar adiante as súas propostas”, recorda. “Se calquera goberno, xa debe facer un esforzo por acadar apoios, o que dirixe Redondela, vese moito máis obrigado”, considera. “Lonxe disto, o que se fixo neste tema, foi claramente bloquear calquera posibilidade de negociación”.

Sinala o edil nacionalista, que Digna Rivas, foi “desleal” cos sindicatos do Concello, ao negarlles a interlocución para acordar un complemento que repercuta igualmente noutros corpos de traballadores e traballadoras, non só na policía local”. “Recoñecendo a necesidade dunha equiparación salarial do corpo da policía, non é menos certo que outros traballadores e traballadoras tamén deberían percibir este complemento”.

Tal como afirmou durante o Pleno, “o BNG está en disposición de negociar un acordo global, que afecte a toda unha anualidade, beneficiando a todos os traballadores e traballadoras municipais”. Por iso aínda máis exixen a Digna Rivas, que emprace a sindicatos e partidos, a negociar con rigor e seriedade esta proposta. “Aí vai estar o Bloque Nacionalista Galego, para debater e facer achegas”, remata.

Xoán Carlos González, insta á alcaldesa á “volta á senda da negociación” co complemento de produtividade.