O BNG de Redondela, informa en Reboreda sobre as afeccións dun parque eólico a Reboreda e Quintela

IMG-20211122-WA0008
David Couñago, Alexandra Fernández, Iago Pereira e Jéssica García no acto do domingo.
O domingo 21, membros da organización nacionalista desprazáronse ata o local da Sociedade Labregocultural de Reboreda para manter un encontro coa veciñanza. 
O BNG de Redondela, informa en Reboreda sobre as afeccións dun parque eólico a Reboreda e Quintela
O tema que se abordou, referíase á posibilidade real de instalación dun parque de dez muíños de vento entre Pazos e Redondela. Nas parroquias de Reboreda, e Quintela, está prevista que se instalen dous destes xeradores de ata 170m de altura.
 
A concelleira redondelá, Jéssica García alertou da posibilidade de que esta obra vaia adiante, co negativo impacto medioambiental e patrimonial nos nosos montes. Insistíu no oscurantismo da Xunta, para tramitar estes polígonos coa desinformación total á veciñanza. Destacou a relevanza de actos como o que se desenvolveu no mediodía do domingo comprometendo ao BNG, para elaborar alegacións a dito Proxecto, en canto se faga público.
 
O concelleiro baionés, Iago Pereira, convidado tamén ao acto, desglosou un por un os pasos que se deron no Proxecto “Albariño 1”, que afecta a concellos do Baixo Miño, que levou á presentación de centos de alegacións. Salientou como o goberno de Feijóo, non fixo máis que dar facilidades de instalacións destes parque de areoxeradores. No caso do parque eólico que afecta ao seu concello, o expediente consta de dous mil folios, e únicamente un prazo de quince días para elaborar as Alegacións.
 
Pechou o acto, a deputada Alexandra Fernández, quen desvelou os plans do goberno Feijóo, de converter o setenta e cinco por cen do monte galego en polígonos de muíños de vento, sen ningún criterio de País e de necesidades enerxéticas dos e das galegas. Destacou que se pretende por os nosos montes ao servizo dos oligopolios enerxéticos, sen apenas repercusión en Galiza. Referíuse a que no momento actual, o noso País xa dispón dunha instalación de muíños de vento, suficiente como para surtirnos de enerxías verdes. Defendeu a intervención da administración pública galega, para realmente elaborar políticas enerxéticas limpas, reducindo o seu impacto no territorio.
 
O BNG de Redondela, informa en Reboreda sobre as afeccións dun parque eólico a Reboreda e Quintela