Xoán Carlos González, “recuperaremos os certames literarios que o goberno de Digna Rivas deixaron de convocar”

IMG-20230424-WA0000
O Certame de Relatos Curtos e o de Novela “Os Viaductos”, non se celebran dende hai varios anos.
 
Xoán Carlos González, “recuperaremos os certames literarios que o goberno de Digna Rivas deixaron de convocar”
Pasou o Día do Libro, e nin rastro de diversos certames que convocaba o concello de Redondela. “Perdeuse unha oportunidade de ouro de recuperar o papel dinamizador do concello na literatura”, manifestou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González
Hai varios anos que dende que o goberno de Digna Rivas renunciaron á convocatoria destes certames. En colaboración coa Oficina Municipal de Mocidade (OMIX), o ente municipal promocionaba estos concursos. “Semella que a literatura non era o forte dos gobernos do PSOE-AER, e PSOE, porque dende hai xa varios anos o noso concello deixou de ser referente literario”, valorou o edil do BNG. Trátase dunha decisión de carácter político, “que non entendemos”.
Sinala como un dos episodios “máis vergoñentos”, o sucedido no 2020 cando se convocou públicamente o certame. “Chegáronse a fallar os premios, pero o goberno de Digna Rivas renunciou a entregalos, nun novo exemplo do que se quere facer coa cultura en Redondela”, relatou.
“Estos certames teñen a finalidade de fomentar a creación literaria, principalmente de novos escritores e escritoras”, sinalou. Considera que os anos da pandemia, tiñan que ser aproveitados polos distintos gobernos municipais para fomentala, “mais sorprendentemente non foi así”. 
Dende unha alcaldía do BNG “imos recuperar e impulsar os certames literarios Relatos Curtos e Novela Os Viaductos”, comprometeu Xoán Carlos González. “Sabemos que entre a nosa xente moza, a literatura volve a ser un recurso e un instrumento para expresar as súas arelas, e o mundo que queren construír, co que o noso obxectivo está claro”, rematou na súa nota
Xoán Carlos González, “recuperaremos os certames literarios que o goberno de Digna Rivas deixaron de convocar”