Xoán Carlos González: “Estamos preparados para gobernar Redondela”.
No acto de presentación da candidatura do BNG, emprazou aos seus compañeiros e compañeiras a traballar por e para as e os redondelás.
24 abr. 2023 - 09:19
O candidato á alcaldía pola organización nacionalista presentou nun concurrido acto, aos homes e mulleres que forman parte da lista eleitoral da organización nacionalista. Destacou que “o primeiro treito conformao xente moza, con experiencia acumulada nos consellos parroquiais, movemento asociativo e xuvenil”. Un grupo cohesionado, coordinado, forte, con ganas de traballar por e para os veciños e veciñas.
“Imos iniciar un tempo novo para que Redondela saia da parálise á que se someteu na última década”, manifestou. “Debemos empezar un tempo novo para afrontar os retos que a veciñanza nos prantexa”.
Emprazou Xoán Carlos González aos seus compañeiros e compañeiras a traballar por e para construír un novo concello máis humanizado, en diálogo constante con asociacións e colectivos, primando a inversión con criterios sociais en aras dos intereses comúns.
“Unha Redondela que impulse o comercio local, as industrias culturais, apoiando medianas e pequenas empresas respetuosas co noso medioambente, controlando os servizos privatizados”, prantexou como elementos fundamentais da súa xestión.
No acto, no que intervíu a portavoz nacional Ana Pontón manifestou a súa confianza que Redondela vaise sumar aos concellos gobernados polo BNG, “concellos gobernados por e para as persoas. Xoán Carlos González vaise ser o próximo alcalde de Redondela”.
Ante os e as alí congrados o candidato do BNG, sinalou a necesidade de crear novas políticas para recuperar o pulo e dinamismo de Redondela, como concello referente da bisbarra.
Finalmente Xoán Carlos González dirixíuse aos e ás alí presentes para manifestar, “con humildade asumo o reto de chegar á alcaldía mais coa firme convicción de que se trata dun obxectivo ao alcance da man ao contar co apoio dun número cada vez maior de redondeláns”, sinalou na parte final da súa intervención.