O BNG considera fóra de contexto o discurso de Alfonso Rueda na súa visita a Redondela.

IMG_20230313_143153
Xoán Carlos González

“Nin compromiso co novo Peirao de Cesantes, nin coa Escola Infantil de Chapela”, afirma Xoán Carlos González 

 

O BNG considera fóra de contexto o discurso de Alfonso Rueda na súa visita a Redondela.
A presenza do presidente da Xunta en Redondela, na presentación do candidato do PP foi considerada, por parte da organización nacionalista, como “totalmente desubicada e fóra de contexto”. Afirman que Alfonso Rueda realizou unha intervención “que podería servir para calquera outro concello de Galiza, mais, para nada axustado a Redondela”.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo fixo unha valoración moi negativa da presenza do presidente galego. “Na súa exposición, totalmente en español, simplesmente rendíu tributo a Feijóo”, valorou. 
En canto a posíbeis compromisos con Redondela, “eludíu intencionadamente as demandas máis urxentes, que sistematicamente foron rexeitadas polo PP e pola Xunta”. En concreto referíuse á necesidade da construcción dun novo Peirao en Cesantes, que preste servizo ao noso sector do mar. Segundo o nacionalista, esta infraestrutura axudaría á recuperación do areal de Cesantes. 
Fixo referenza o voceiro nacionalista á negativa do executivo galego para a construcción dunha Escola Infantil de cero a tres anos en Chapela. “Non se referíu Rueda en ningún momento a esta demanda para as familias que queren un servizo público e de calidade para os seus cativos e cativas”, afirma. 
En canto ao candidato do Partido Popular, o voceiro nacionalista considerou que perdeu a oportunidade de presentar a súa renuncia como deputado para demostrar realmente que se compromete por Redondela. “Amosa un total descoñecemento da realidade local de Redondela”, engadíu.
Considera Xoán Carlos González que o Partido Popular deulle as costas a Redondela nos últimos catro anos, polo que o van pagar nas urnas. “O BNG preséntase como a única forza con capacidade para liderar un novo goberno que cada día ilusiona a máis veciños e veciñas”, rematou na súa nota.
O BNG considera fóra de contexto o discurso de Alfonso Rueda na súa visita a Redondela.