O BNG RESÉRVASE O DEREITO A DEBATER.
Agresión dun membro de AER, a un representante veciñal, na Comisión de Seguemento de Servizos Privatizados
Na comisión de seguemento de servizos privatizados do mes de abril, tivo lugar un episodio, que dende o BNG consideran “de enorme gravidade”. Durante un momento da sesión no que do debate pasouse a enfrontamento verbal o representante de AER chegou a agredir a un membro das organizacións veciñais. Nese instante, detívose a sesión, para retomarse máis tarde.
Transcorridos varios días, o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, levou esta problemática á Xunta de Voceir@s, pois consideraba que era alí onde se deberían tomar as medidas correspondentes. Negouse o alcalde de Redondela a garantir os elementais principios democráticos de respecto aos membros de calquera comisión. Pasou de longo por este tema Javier Bas, sen defender o respecto á institución municipal. Dende a organización nacionalista, descoñécense os motivos.
Para o BNG a actitude dun membro da Agrupación de Electores, vai en contra dos principios éticos e democráticos básicos, que tanto AER como os seus votantes representan.
A toma de posesión deste concelleiro na última sesión plenaria, forzou a anunciar as iniciativas que o BNG poría en marcha. Xoán Carlos González, malia que o alcalde de Redondela tentou impedir que abordase o tema, anunciou que “o BNG, reservábase o dereito a debater mocións defendidas polo concelleiro implicado”.
Consideran dende a organización nacionalista, que a agresión dun membro de AER a un representante veciñal, constitúe un feito sen precedentes. Que isto ten unha enorme relevanza, pois se produce nunha comisión pública, onde todas as opinións e valoracións merecen ser respectadas. Critican que o alcalde non quixera tomar cartas no asunto, asumindo a súa responsabilidade como presidente do concello de Redondela