O BNG, consegue a reprobación de Javier Bas.
Xoán Carlos González: “Consideramos un éxito o apoio á nosa iniciativa expresando o rexeitamento veciñal, ante a actitude do alcalde de Redondela na constitución da Área Metropolitana de Vigo”.
A primeira moción debatida no ano 2017 consistíu no debate da moción presentada polo Grupo Municipal nacionalista,no mes de decembro. Malia que o BNG de Redondela, non está representado na Asemblea Metropolitana, foi quen de propor un texto que censuraba a actitude partidista do primeiro edil redondelán.
Nin PSOE, anulado pola preponderancia do alcalde de Vigo, nin AER, quen sempre se manifestou en contra da Área Metropolitana, asumiron o papel que si ostentou Xoán Carlos González. O punto único, recollido no texto orixinal, recollía “A reprobación do alcalde-presidente do Concello de Redondela, ao abandoar a Asemblea Constituínte da Área Metropolitana, en contra dos intereses dos e das redondeláns”.
Pola súa banda, a Agrupación de Eleitores, propuxo introducir un segundo punto, sobre a non participación do alcalde de Redondela, na Xunta de Goberno Metropolitana.
Defendeu o voceiro nacionalista, tanto a funcionalidade como os obxectivos perseguidos na construcción do Ente Metropolitano. Segundo as súas declaracións “trátase dunha administración pola que o BNG sempre traballou en aras a acadar o tan ansiado consenso, cara a acadar unha mellor xestión nos servizos, evitando dupricidades”.
Na súa exposición, recordou os feitos acaecidos o 1 de decembro, na constitución da Asemblea Metropolitana, da que participaron oitos grupos políticos, 14 alcaldes e alcadesas, e 53 concelleir@s. “O PP, co alcalde de Redondela Javier Bas, ao frente, escenificaron o obstruccionismo, que seguindo directrices da súa dirección en Compostela lles marcaron. Actou de costas aos intereses dos e das redondeláns, actuando únicamente por intereses partidistas”, afirma o concelleiro do BNG.
Recriminou a actitude do alcalde-presidente do Concello de Redondela, pois malia que se presentou encabezando a candidatura dos populares, “como alcalde, debería ter actuado doutro xeito, apoiando a posta de marcha da Área Metropolitana de Vigo”. Acusounos de ter mentido á xunta de voceir@s municipais, e principalmente aos veciños e veciñas de Redondela.
O concelleiro nacionalista, tivo contra as cordas a Javier Bas, a emprazalo a propoñer a saída de Redondela de dita Área. Pola súa banda, o insulto contínuo e constante por parte da voceira do Partido Popular, Mari Carmen Amoedo, foi a única resposta.
Non lle estranou a Xoán Carlos González, a estratexia da voceira conservadora. Afirmou que “o Partido Popular de Redondela, caracterízase polo seu fundamentalismo, actuando de xeito belixerante en todas aquelas instucións ou entes que non controla, nomeadamente a Deputación e agora a Área Metropolitana”.
“Están vostedes metidos nun lío, espetoulles o voceiro nacionalista, e non saben saír del. Tal é así que nin sequera foron quen de presentar a moción que sobre o transporte metropolitano, levou a diversos Plenos da Área de Vigo”.
Finalmente referíuse Xoán Carlos González, a que coa actitude de Javier Bas, e os caprichos de Abel Caballero “estse a poñer en risco o servizo que presta Vitrasa nas parroquias de Chapela, Trasmañó, Vilar, Cabeiro e Negros”.
Todos os grupos da oposición presentes no Pleno, AER e PSOE, apoiaron a proposta do BNG, co que se acadou que un dos alcaldes populares que abandoaron a Asemblea Constituínte da Área Metropolitana, fora reprobado en sesión plenaria.