O BNG, pide o mantemento da oficina de Correos en Chapela.

correos_img183271t0
Oficina de correos de Chapela

Nunha moción presentada para o Pleno de xaneiro, o concelleiro desta formación pretende un posicionamento unánime de todos os grupos. “O mantemento da oficina da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos en Chapela, rexeitando o derrubamento do edificio no que se ubica ata que non se presente unha alternativa que asegure o futuro do servizo”, sería o punto único recollido na moción nacionalista.

Segundo explicou Xoán Carlos González, concelleiro do BNG, “queremos levar ante o Pleno a preocupación veciñal ante a posíbel perda deste servizo de carácter público”. Considera que se deben poñer todos os recursos necesarios para que a oficina de Chapela manteña a súa operatividade. “Na actualidade presta servizo a esta parroquia, e á de Trasmañó: arredor de 10.000 persoas”.

Para o concelleiro nacionalista, a Sociedade Pública Estatal, pretende aproveitar a escusa a ampliación para eliminar este servizo. “Para nós, sería un dobre agravio que Chapela padecera a ampliación e que quedara sen oficina de Correos”, afirma. Por iso propoñen o mantemento do actual edificio, ante a posibilidade de que peche.

Recorda que tamén as entidades veciñais, pódense ver afectadas ente o derrubamento do edificio. “Nel teñen a súa sé tanto a Asociación de Veciñ@s, a Comunidade de Montes, e a Asociación de Afectad@s pola Ampliación da AP9”.  Remata Xoán Carlos González na súa nota afirmando que “non imos permitir que se peche a oficina de Correos en Chapela”. 

O BNG, pide o mantemento da oficina de Correos en Chapela.
O BNG, pide o mantemento da oficina de Correos en Chapela.