“Javier Bas volveu a montar un novo circo, na presentación do Plan Móvese”.

3060-CONTRATO FIRMES1
Uxío Benítez na presentación para a Rehabilitación de Firmes.

Malia elixir Redondela como concello anfitrión na presentación das inversións da área de Mobilidade da Deputación, o alcalde non asiste. Si o fixeron os de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

“Javier Bas volveu a montar un novo circo, na presentación do Plan Móvese”.

“Unha decisión que amosa o sectarismo co que alcalde de Redondela, resposta á presentación dun Plan de tanta relevancia para o noso concello”, afirma o concelleiro do BNG. Durante a mañá, do xoves 29, tivo lugar a presentación das diversas actuacións ao abeiro do Plan Móvese. O goberno de Redondela, unicamente avisou a membros de AER. Estas actuacións van encamiñadas á mellora da seguridade viaria das persoas, nas estradas de titularidade provincial.

Elixiuse Redondela como cabeceira de comarca para a presentación destas actuacións. O deputado provincial de mobilidade, Uxío Benítez, citou aos alcaldes dos catro concellos, asistindo todos menos Javier Bas.

“O Plan Móvese, constitúe un proxecto ambicioso posto en marcha para a mellora da seguridade viaria. Na batalla entre peóns/as, e coches, dende o BNG sempre apostamos polos primeiros”, sinala Xoán Carlos González. Recorda como dende a convocatoria deste Plan, o goberno municipal de Redondela, con Javier Bas á fronte, puxeron todo tipo de trabas, mesmo presentando mocións en contra do mesmo. O episodio do pasado xoves, confirma para o edil nacionalista que “ o alcalde de Redondela unicamente pretende devolver favores ao seu partido, amosando un comportamento totalmente sectario”.

Afirma que despois someteron ao deputado a unha verdadeira encerrona no Viso. O propio Uxío Benítez, respostando aos requirimentos da concelleira de vía e obras, acompañouna ata a estrada provincial. Naquel momento presentáronse varios veciños que xa concertaran con Barciela, este encontro. “Non había ningún inconvinte do deputado provincial a escoitar os requirimentos do goberno de Javier Bas, mais a actitude da concelleira de vías e obras, non permitía ningún tipo de acordo”.

As formas caciquís de Louzán, mantéñense aínda no PP de Redondela, quen no canto de velar máis polos intereses dos e das redondeláns, están máis pendentes dos seus intereses partidistas.

“O novo modelo de mobilidade nas estradas provinciais, vai supoñer unha nova concepción na xestión do tráfico rodado nas estradas da Deputación, onde o coche particular vai quedar nun plano secundario, aos dereitos dos peóns e peonas”, recalca Xoán Carlos González.

 

“Javier Bas volveu a montar un novo circo, na presentación do Plan Móvese”.