Xoán Carlos González esixe a limpeza de parcelas nos arredores do casco urbán de Redondela.
Sinala un solar abandoado na zoa de San Xoán de Arcal, e A Telleira, “como espazos potenciais de incendios”. Acusa ao goberno de Javier Bas, de absentismo nas súas responsabilidades.
O concelleiro do BNG, constatou nas últimas semanas no entorno da rúa San Xoán de Arcal, na saída sentido Nespereira, a existencia dun solar en estado de abandono. “A proliferanción de maleza, que mesmo desborda o perímetro da parcela, xunto á falla de limpeza, convertérono nun foco de insalubridade”, sinala o concelleiro nacionalista.
Preocúpalle a situación deste espazo ao nacionalista, posto que a maleza, potencial combustíbel, xunto á seca que estamos a atravesar, podería levar a unha situación moi complicada no caso de que se producise un lume nesta parte de Redondela. A situación agrávase aínda máis posto que “varios edificios e vivendas ubícanse a escasos metros desta parcela”
Outro espazo polo que o nacionalista amosou a súa preocupación constitúeo o entorno da Telleira, en Cesantes. Nunha visita realizada recentemente, comprobou numerosas propiedades, ocupadas por maleza e eucaliptos. Ao seu carón, vivendas unifamiliares. “Consideramos igualmente problemática a situación deste zoa, pola proliferación de especies que poden facilitar os lumes. Ademáis trátase dun espazo,de difícil acceso para os equipos de extinción de lumes”. Sinala igualmente a existencia de restos de podas de prantas empregadas na elaboración de alfombras, expoñéndose a que se convirtan en combustible incendiario.
Denuncia asimesmo, que o goberno de Javier Bas, non limpou parte dos camiños municipais da Telleira, en represalia, por teren recurrido os veciños e veciñas deste barrio a suba de taxas de recollida do lixo.
Xoán Carlos González, acusa ao equipo de goberno de Javier Bas de absentismo nas súas responsabilidades. “A escasos metros do centro de Redondela, insalubre, ateigados de maleza e combustibel, potencial foco de incendios, ao que non se lle presta atención”. Considera que ao alcalde de Redondela preocúpalle máis o exhibicionismo mediático, que resolver realmente os problemas dos veciños e veciñas.“Esiximos a inmediata limpeza destes espazos ante o alto risco de lumes, poñendo en risco a seguridade de moitas familias”, remata na súa nota.