A baixa colectiva dos grupos de dinamización teatral; froito da política do goberno de Javier Bas.

A baixa colectiva dos grupos de dinamización teatral; froito da política do goberno de Javier Bas.

A escenificación da “baixa colectiva”, dunhas setenta persoas, entre adultos e nen@s dos grupos de dinamización teatral que estaban actuando en varias parroquias de Redondela, constitúe un feito sen precedentes. Despois de varios meses de negociacións coa concelleira de Servizos Sociais, e o propio Javier Bas, diante dos continuos sabotaxes aos que estaban sendo sometidos, levaron a termo unha difícil decisión.

Os grupos de dinamización teatral, foron impulsados dende a concellaría de Participación Cidadá, da man do BNG, a partires do 2002. Durante algo máis de dous mandatos, a dinámica dos grupos, permitiu que un grande número de veciños e veciñas puideran participar e gozar do teatro, nas parroquias.

Enchíase, só en parte, o baleiro que deixaba a programación cultural do Concello de Redondela, nas parroquias. Cumpría, pois, un respaldo decidido a estes grupos, que xuntaban a mulleres, homes, cativ@s.

Non se trata de, como quere facer entender dende o goberno de Javier Bas, dunha cuestión meramente económica. Recordar que a aprobación das taxas, contou co respaldo de PSOE e AER. O BNG, non a apoiou, propoñendo que se estudara a cuantía das taxas, en función da repercusión social Os propios interesados, comprenderon dende o primeiro momento, que cabía a posibilidade da necesidade dunha aportación.

Os problemas acentúanse ao inicio deste curso 14/15. Non se lle deu publicidade ao inicio da actividade, moi tarde e con bastante incertidume. Durante varios meses, descoñecíase onde se ían desenvolver, o custo e quen ía impartilos. Finalmente, ata o mes de decembro, non se iniciou a actividade dos grupos de dinamización teatral.

Houbo varias xuntanzas dos participantes coa concelleira Teresa París, e o alcalde Javier Bas. Os froitos destas conversas, non puideron ser máis desalentadores. A pesares de que se tentou por todos os medios que se mantiveran, a terca realidade foi que a falla de interese do goberno municipal, obrigounos a tomar esta difícil decisión.

Trátase dun novo ataque do goberno de Javier Bas, ao movemento cultural de base. Trátase dunha agresión do goberno municipal, á actividade cultural parroquial. Trátase de descabezar, unha vez máis, iniciativas de carácter cidadá e social. Non lle gusta a este goberno do PP, as manifestacións alternativas promovidas dende colectivos sociais que pretenden poñer en práctica outras manifestacións culturais, pero de fonda pegada social.

Apoio firme, claro e decidido do Bloque Nacionalista Galego ao dereito dos grupos de dinamización teatral parroquial.

Foto: Faro de Vigo

A baixa colectiva dos grupos de dinamización teatral; froito da política do goberno de Javier Bas.