O BNG considera que o Centro de Día de Cesantes non é unha prioridade do goberno municipal.

O BNG considera que o Centro de Día de Cesantes non é unha prioridade do goberno municipal.

Sen resposta a petición  de información feita pola nosa organización, da visita da conselleira de Traballo e Benestar a Redondela.

Despois de varios meses  dende que o Grupo Municipal do BNG solicitara información sobre a visita da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato,  a Redondela, o alcalde Javier Bas aínda non deu resposta. No escrito remitido á alcaldía preguntabamos se neste encontro se falara da apertura do Centro de Día de Cesantes, ademais de compromisos concretos por parte da responsábel do departamento autonómico.

Con tempo suficiente para aclarar esta incertidume, e mesmo despois de terse convocado un Consello Municipal de Servizos Sociais, para a voceira do BNG, Cecilia Pérez “non existe vontade do goberno galego de abrir un equipamento de carácter social tan demandado pola veciñanza, e que leva máis de dous anos de retraso na súa apertura”.

Trataríase de poñer en marcha o primeiro centro de carácter público destas características no noso concello.

A voceira nacionalista denuncia que “ as obras están adquirindo unha sensación de abandono máis que evidente, co que dende o BNG esiximos ao alcalde Javier Bas, que se poña a traballar e poña como asunto número un da súa axenda a apertura deste centro”.

Centro de día de Cesantes (Redondela)

Tamén cuestionamos o papel do parlamentario Alberto Pazos en todo este proceso, posto que está todas as semanas coa conselleira, Beatriz Mato. “Se verdadeiramente Redondela pesara nos plans da Consellaría de Traballo e Benestar, hai meses que as persoas maiores poderían ter feito uso dun equipamento pagado cos seus impostos e as súas aportacións despois de anos de traballo e esforzo.”, apunta a voceira nacionalista.

Finalmente lembramos que “o BNG, vai seguir preguntando ao goberno galego, e municipal por prazos concretos para que o Centro de Día de Cesantes sexa aberto de inmediato.

O BNG considera que o Centro de Día de Cesantes non é unha prioridade do goberno municipal.