O BNG de Redondela acusa ao goberno de Javier Bas de falla de crtiterio na conservación dos ríos.

O BNG de Redondela acusa ao goberno de Javier Bas de falla de crtiterio na conservación dos ríos.

Investíronse 15.000 euros nun programa de sensibilización, para finalmente empregar máquinas no dragado do río Maceiras.

A utilización de maquinaria para dragar un treito duns 100 metros do río Maceiras, en Vilavella, constatan para o BNG un desinterese do goberno municipal pola preservación dos ríos no noso termo municipal. Consideran dende a organización nacionalista, que o uso de maquinaria para sacar lodos e areas nesta parte do río, os pasados días, amosan unha falla de sensibilidade medioambiental manifesta.

A acumulación de sedimentos, non pode ser motivo para o uso de maquinaria pesada para sacala do río. Trátase dunha actuación, que por moi sinxela que pareza, debe vir avalada por informes técnicos e medioambientais.

Refuxio para fauna

Nesta zona concreta do río Maceiras, pódese ver dende hai varios anos, como se recupera parte do entorno, creando unha pequena xunqueira. Este espazo podía servir de refuxio para unha familia de patos e parrulos, que en ocasións subían polo río. Trátase dun espazo, que para o BNG, se ben non son de grande repercusión medioambiental e paixasístico, si que permitían a algunhas especies pasar o seu ciclo vital nesta parte do río.

Falla de criterio do goberno municipal.

Recordan dende o grupo municipal do BNG, o feito de que hai varios meses dende a concellaría de Medio Ambiente, desenvolveuse un programa de “sensibilización dos ríos de ámbito europeo” cunha inversión de 15.000 euros.

“Amosa o goberno de Javier Bas, unha vez máis unha falla de criterio absoluto. Daquela, o concelleiro de medio ambiente Miguel Ángel Ballesteros, afirmaba que o programa serviría para concienciar aos veciños e veciñas na preservación dos nosos ríos, e por outra meten máquinas para dragalo, cunha factura que será abonada nas vindeiras semanas”, afirman dende o grupo municipal do BNG.

Cómpre recordarlle ao conxunto do goberno municipal, que os ríos e regatos do concello de Redondela, atravesan unha difícil situación de equilibrio medioambiental. Calquera actuación, por pequena que sexa, debe ser estudada e vir respaldada pola necesidade  e  o respeito ao entorno natural.

 

O BNG de Redondela acusa ao goberno de Javier Bas de falla de crtiterio na conservación dos ríos.