PARA O BNG DE REDONDELA, O PP NON CRE NO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS.

PARA O BNG DE REDONDELA, O PP NON CRE NO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS.

As declaracións do concelleiro de Medio Ambiente, evidencian que non teñen como prioridade un uso alternativo ao vehículo particular.

Para o BNG as manifestacións verquidas polos responsábeis municipais sobre o escaso uso do servizo de empréstamo de bicicletas deixan claro o que pretenden se pretende facer co mesmo. Redondela, disfrutaba dunha situación de privilexio arrespeito os concellos da contorna, ao dispoñer os seus veciños e veciñas dun uso de bicicletas pioneiro.

A finalidade deste servizo baseábase en fomentar o uso dun medio de transporte barato, e respetuoso medioambientalmente para desprazamentos curtos. Xunto a isto un labor de concienciación social, para que a bicicleta se convertira nun recurso de uso frecuente nas nosas rúas.

Non entendemos dende o BNG, como o responsábel de Medio Ambiente, cuestiona a idoneidade do servizo. Sería agora o momento, cando as condicións climatolóxicas empezan a ser mellores, cando se debería fomentar o uso da bicicleta.

Paralelamente nos últimos días a iniciativa de eliminar o arbolado do aparcadoiro do entorno da Alameda, para meter máis coches no centro, deixan ás claras que non lles interese eliminar tráfico dos cascos urbáns de Redondela e Chapela.

Para o BNG vai seguir sendo unha prioridade a eliminación paulatina do tráfico rodado no concello de Redondela, fomentando o transporte público, e medios alternativos e respetuosos co medio.

PARA O BNG DE REDONDELA, O PP NON CRE NO SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS.