A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE REDONDELA RENUNCIOU A ABORDAR AS VERDADEIRAS PROBLEMÁTICAS

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE REDONDELA RENUNCIOU A ABORDAR AS VERDADEIRAS PROBLEMÁTICAS

Rematou xa o mes de marzo, mes no que tradicionalmente se centralizaban as actividades encamiñadas a abordar os problemas que afectan as mulleres galegas. A precarización no traballo, a pobreza, a perda de dereitos laborais, a emancipación,  a sexualidade, a loita por una sociedade realmente igualitaria. Todas estas, e moitas outras temáticas, convertéronse nos eixos vertebradores da acción da concellaría de Igualdade cando o BNG asumía a mesma.

Unha xeira de actividades pola Vila e polas diferentes parroquias, que achegaban a demanda e as aspiracións nun proceso que tén un longo percorrido.

Co programa desenvolto pola concellaría do goberno do Partido Popular, renúnciase a poñer e primeiro plano as lexítimas aspiracións do conxunto das mulleres, e das galegas en particular.

Rexeitamos dende o BNG, o sentido paternalista que se lle deu ao Manifesto elaborado pola concelleira, Teresa París. Fixémoslle chegar a nosa crítica a un documento que pasaba por enriba da actual situación das mulleres, agravada por unha crise económica na que a femenización da pobreza vai ir a máis. Nin unha soa referencia á intención do goberno do Estado, de cercenar o dereito ao aborto das mulleres.

En canto ás diferentes actividades desenvolvidas, ademáis de renunciar a un Programa que chegara a todas as parroquias, os contidos que se abordaron, con poder ser interesantes, non poñían en primeiro plano problemáticas concretas das mulleres, que é o sentido de Marzo-Muller.

Consideramos dende o BNG, que cumpría un tempo de deixar facer, neste caso a primeira vez que a concelleira asumía o desenvolvemento do Programa. Pero debemos censurar a actitude e comportamento do Partido Socialista, quen xa tiña deseñadas unha xeira de actividades en paralelo ás desenvolvidas pola Concellaría.

Apostar pola eleminación do patriarcado, defendendo unha verdadeira liberación das mulleres, comprometéndonos cunha sociedade igualitaria e xusta, seguen sendo a aposta dos homes e mulleres do BNG.

A CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE REDONDELA RENUNCIOU A ABORDAR AS VERDADEIRAS PROBLEMÁTICAS