O goberno de Javier Bas, non é corrupto. Seguro?

O goberno de Javier Bas, non é corrupto. Seguro?

Semella que o candidato do Partido Popular está preocupado polas corruptelas do seu partido. Asume en parte a derrota electoral, empregando o vitimismo como mecanismo de defensa. Gardou o libro de Goebels, para sacar o de Maquiavelo.

Ese presunto vitimismo que Javier Bas amosa en moitas das súas intervencións nos últimos meses, raian o cinismo. Alguén que, despois de catro anos, unicamente está para botarlle a culpa aos demais.

Todo o mundo sabe que no goberno municipal de Redondela, mandan dúas ou tres persoas. Unha delas, a secretaria do alcalde e persoal non electo polos veciños e veciñas, asume as funcións de superconcelleira. Pasar a integrar a candidatura do Partido Popular, certifica esta realidade.

Durante todos estes anos, evidenciouse que o do PP, trátase dun proxecto personalista: o de Javier Bas. Antepuxo, sempre, o seu interese persoal, a realmente traballar en colaboración co resto de concelleir@s. Nesta engrenaxe, asumía un papel moi relevante, a súa secretaria, quen mandaba sobre o resto de concelleir@s.

Poida que haxa que refrescarlle a memoria a algún, sobre a composición do equipo de goberno. Con unha concelleira, de xuventude, feiras e mercados, que construíu unha obra ilegalmente. Existen apercebementos de derrubo. Pero non só iso senón que esta concelleira en funcións, volveu a poñer en marcha obras para as que carece de permisos.

Outro dos aspectos que Javier Bas soubo imprimir en Redondela, foi a do temor. Conseguiu, xa no primeiro ano de mandato, que moitos traballadores e traballadoras municipais, viran perigar o seu posto de traballo. Fixo un verdadeiro acoso do persoal de rúa, coa concelleira de parques e xardíns como abandeirada, aínda que a concelleira de servizos sociais, tampouco se quedou á zaga.

Foi a única organización, o Bloque Nacionalista Galego, que denunciou o uso partidista do Concello. Alí citábanse e deixábase actuar, impunemente a membros do Partido Popular. Tamén algúns membros da Agrupación de Electores, non electos, desenvolvéronse pola institución municipal, como se foran concelleir@s. Foron “os primeiros redondeláns”, posto que a ninguén se lle está permitido, falar directamente co interventor, ou traballadores municipais, previa solicitude.

“As amizades perigosas do alcalde Javier Bas”. Hai algo máis de ano e medio, que se soubo das conversas do alcalde de Redondela, cun traficante de favores, como o alcalde de Porriño, Nelson Santos.

Tamén se gaba, Javier Bas, das súas boas relacións cun personaxe da talla do presidente da Deputación, Rafael Louzán. Na actualidade está sendo investigado, por diversos asuntos, que en calquera momento poden salpicar ao actual alcalde de Redondela.

Citar finalmente, como a composición da candidatura do Partido Popular, raia o esperpéntico. A algunhas das persoas que o integran, ofertóuselle maiores subvencións para determinadas entidades.

Trátase, o de Javier Bas do continuo do Partido Popular. Unha organización, que corroe e corrompe a sociedade na que se instala. Depende de todos Nós, erradicar esta peste antes de que se consolide en Redondela votando BNG-Asembleas Abertas.

 Volantina con foto

O goberno de Javier Bas, non é corrupto. Seguro?