Pantaláns en Arealonga. O BNG, sempre dixo a verdade.

Pantaláns en Arealonga. O BNG, sempre dixo a verdade.

Xoán Carlos González, deixa en evidencia a Javier Bas, na comparecencia plenaria. Quedou patente, que a organización nacionalista sempre se manifestou en función da información facilitada dende a alcaldía.  Nunha resposta escrita, o alcalde afirmaba “ que non se van levar a cabo as ampliacións ás que se fai referencia”.

En pleno mes de agosto, Javier Bas acusou ao BNG de terxiversar datos sobre os Proxectos de Ampliación dos Pantaláns nos arredores de Arealonga.  Sorprenderon estas afirmacións cando existe unha resposta por escrito do alcalde de Redondela, ante un requirimento do concelleiro nacionalista, no que se recolle que “ditas ampliacións non se van levar a cabo”. Ou o alcalde mentiu daquela, ou a súa palabra non serve.

Solicitou Xoán Carlos González a comparecencia do alcalde de Redondela, para que aclarara o seu cambio de postura. Ao longo da súa intervención, o concelleiro nacionalista, reafirmouse  na postura da súa organización para opoñerse a que se puideran levar adiante a ampliación de 5.000m2 de novos atraques. Segundo Xoán Carlos González, “estas obras agravarían aínda máis o difícil equilibrio medioambiental da zoa de Arealonga”.

Pretendeu Javier Bas, nunha das súas postas en escea da súa capacidade para confundir á veciñanza, desviar a atención. Referiuse primeiro, a que o BNG opoñíase a existencia dos Pantaláns. Máis tarde, que se o que pretendía Xoán Carlos González, era protagonismo persoal.

O concelleiro nacionalista, puxo en dúbida que o alcalde de Redondela defendera verdadeiramente os intereses dos veciños e veciñas, e do entorno de Arealonga. Referiuse a que como membro de pleno dereito do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, goza dun papel privilexiado, e que en ningún momento se opuxo a estes Proxectos.

“Eu estudei o Proxecto existente na Autoridade Portuaria, e coñezo de primeira man, a solicitude que se fai. Aproveitando o tipo de cambio de concesión, preténdense ampliar dous Pantaláns, cuestións ás que nós nos opoñemos” aclarou finalmente Xoán Carlos González.

Resposta do alcalde Javier Bas.

Pantaláns en Arealonga. O BNG, sempre dixo a verdade.