O BNG manterase na oposición en Redondela

IMG_20230704_223154
Jéssica García, Xoán Carlos González e David Couñago onte na Asemblea Local.

A Asemblea Local asumíu por ampla maioría quedar fóra do goberno, para seguir traballando cunha actitude constructiva.

 

O BNG manterase na oposición en Redondela
Na asemblea local celebrada este martes 4 de xuño, confirmouse o sentir maioritario da militancia nacionalista ante a posibilidade de entrar no goberno municipal de Redondela. Conclúe así un periplo de varias semanas nas que dende a organización nacionalista se amosou sempre a flexibilidade que require un proceso de negociación. Déronse pasos, primeiro no apoio da investidura, e despois negociando de cara ao pleno de organización.
Entre os argumentos mencionados na asemblea , destacou “a inestabilidade amosada estes últimos días dentro do equipo de Digna Rivas”. Aínda así, o principal motivo aducido por moitos dos e das militantes centrouse no feito constatado de que aínda que de palabra a alcaldesa afirmou en múltiples ocasións a vontade de que o BNG entrase no goberno, na práctica non amosou ningún interese por facilitar esta oportunidade. Na proposta económica de cara ao pleno de organización o Partido Socialista non contemplou partida orzamentaria ningunha para as hipotéticas áreas de goberno do BNG.
Tamén se fixo referencia na asemblea ao acordo asinado entre o PSOE e AER, na que se permite que o seu único concelleiro interfira noutras áreas do goberno. Todo o contrario do esperado dun goberno tripartito que debería basearse na coordinación.
A actitude do PSOE non facilitou que o BNG percibise boa disposición a participar nun goberno municipal que se amosa feble e non promete estabilidade.
Pechouse a asemblea nacionalista, co compromiso de traballar dende a oposición, con propostas en positivo que beneficien aos e ás redondelás
O BNG manterase na oposición en Redondela