O BNG DE REDONDELA APOIA A ADQUISICIÓN DE “VILA ELISA”.

FB_IMG_1758876185825
Xoán Carlos González, “hai máis de seis meses que propuxemos unha nova biblioteca, sen que o goberno de Digna Rivas nos dera resposta ningunha”.
O BNG DE REDONDELA APOIA A ADQUISICIÓN DE “VILA ELISA”.
Dende a organización nacionalista consideramos como “oportunidade para adquirir patrimonio municipal con fins sociais, educativos ou culturais” un edificio singular construído a inicios do século XX. Frente ao obstruccionismo amosado polo PSOE, en propostas similares plantexadas dende o BNG, como adquirir a rectoral de Reboreda ou mesmo o Carballo das Cen Pólas a traverso dun convenio, “ non imos deixar escapar esta oportunidade”. 
Desconfían dende o BNG dos intereses do goberno municipal da proposta do pleno de setembro. Recordan que un apoio similar no mandato anterior para rehabilitar as antigas vivendas escolares na Marisma co obxectivo da construcción do Museo Anxo Barros, e catro anos despois soamente existe unha explanada.
Pola súa parte o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González destacou a madurez amosada dende a súa organización, que “malia os intentos de coacción do goberno de Digna Rivas, apoiaron adquisición do inmoble ao considerala como moi relevante para Redondela”. 
Pola contra, califica como “prácticas de mal goberno” a estratexia seguida polo bipartito. Un risco en toda regla anunciar nos medios de comunicación unha posíbel adquisición, o que puido desencadear un movemento especulativo que puidera ter levado a aumentar o prezo. “O propio informe do interventor municipal alerta desta posibilidade”, destaca. Dos setecentos cincuenta mil euros anunciados a tasación é cen mil euros menor. 
Discreción e cautela deben caracterizar este tipo de negociacións en aras dos intereses dos e das redondelás, asegura. “Semella máis que o goberno do PSOE e AER, está necesitado dunha noticia de impacto mediático, que de verdadeiramente dar resposta ás necesidades de dotación de infraestruturas públicas”
En canto á finalidade do edificio considera o voceiro nacionalista que haberá que estudiar os informes técnicos porque os estándares de Bibliotecas Públicas de Galiza obrigan a que tan só unha infraestrutura deste tipo para un concello de 20.000 habitantes, supón unha superficie duns 1.400 metros cadrados, e Villa Elisa só garante 700.
Levamos no noso programa de goberno a construcción dunha nova biblioteca para o concello de Redondela. Prantexámosllo ao goberno de Digna Rivas, sen obter resposta. Presentamos emendas aos orzamentos da Xunta do ano 2024 e 2025 para a construcción desta infraestrutura educativa e cultural, negándonolo constatemente. “Ninguén como o BNG defendeu a dotación dunha nova biblioteca pública para o noso concello. Unha inversión que podería chegar ao millón e medio de euros, debe respostar ás nosas necesidades para os vindeiros vinte anos”, remata na súa nota Xoán Carlos González
 
 “O que defendemos é que cos cartos de todos e todas se constrúan as infraestruturas necesarias, en condicións suficientes a rendíbeis socialmente”, plantexa.
O BNG DE REDONDELA APOIA A ADQUISICIÓN DE “VILA ELISA”.