O BNG traslada as propostas para “desatascar os orzamentos
Xoán Carlos González, fala de cuestións sociais, parroquiais, impulso ao tecido comercial, prantexadas no seu momento non consideradas polo goberno.
06 xuño 2022 - 09:42
“Seguimos traballando para se acepten propostas orzamentarias que deben respostar ás necesidades que nos prantexan os veciños e veciñas de Redondela”, anuncian dende a organización nacionalista. Refírense aos encontros que durante estas semanas se están realizando para comprometer a abstención dos dous votos da organización nacionalista na sesión plenaria orzamentaria.
“As políticas sociais coa modificación das axudas de emerxencia social, demandadas dende hai anos, xunto ás axudas de libros de texto en educación infantil, constitúen aspectos inamovíbeis das nosas propostas”, segundo manifesta o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.
Segundo relata na súa nota, o encontro mantido esta semana terá a súa segunda parte, nos vindeiros días. “Estamos pondo toda a vontade para permitir que estos orzamentos saian adiante”, afirma. Prantexan dende o BNG, que os orzamentos deben servir para crear novas dinámicas, potenciando as capacidades que Redondela oferta.
Por iso entenden que darlle un novo pulo á actividade que se realiza nas parroquias, debe constituír un dos elementos a potenciar. “Prantexamos que o vintecinco por cen do da programación cultural se desenvolva nas parroquias, xunto á nosa proposta xa aceptada de aumento dos convenios interparroquiais, permite impulsar novas dinámicas”. No eido parroquial, tamén introducen a busca dunha solución ao financiamento das acometidas do saneamento, “para que non volva recaer un dobre gasto nos propietarios de vivendas xa construídas”. “Xa se nos aceptou a creación dunha partida de axudas ás comunidades de augas, que o PP eliminou hai dez anos”.
“Pretendemos igualmente que o comercio local, se convirta nun motor dinamizador permitindo que Redondela se posicione como referente na nosa bisbarra”, afirma. Entende que as reducións temporais ata a recuperación económica, de imposto de construcción, permitiría unha consolidación deste sector.
Outro dos elementos que introducen na negociación consiste en eliminar a privatización das pistas de tenis e pádel. “Prantexouse que se iba a meter no mesmo lote as dúas piscinas municipais xunto estas pistas, cuestión que nos rexeitamos frontalmente”.
Finalmente prantexan dende o BNG, que se modifiquen as subvencións “con perspectiva de xénero”, para que se aumente a puntuación a aquelas entidades que fomentan o papel das mulleres nas directivas ou actividades, e que se actulace o Protocolo Municipal de Acoso Machista.
Finalmente Xoán Carlos González recorda que a meirande parte das propostas no 2021, cando demandaron abrir a negociación. “A nosa máxima vontade para chegar a acordos. É o momento de que o goberno de Digna Rivas decida se quere contar co BNG, ou prefire como noutras ocasións apostar pola abstención do Partido Popular”, remata na súa nota.