O BNG absterase para facilitar a aprobación dos orzamentos municipais.

bng (2259)
Xoán Carlos González salienta un acordo con iniciativas de carácter social, perspectiva de xénero, inversións nas parroquias e impulso ao pequeno comercio.
 
O BNG absterase para facilitar a aprobación dos orzamentos municipais.

O anuncio chega despois de que nos últimos días se comprometera a necesaria abstención nacionalista, tras a negociación entre representantes nacionalistas e do goberno de Digna Rivas.

Consideran que se trata dun acordo positivo para o conxunto da veciñanza, en base a unha serie de cuestións que se puxeran sobre a mesa en anteriores encontros.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, realiza unha análise positiva do acordo. “Desbloqueáronse cuestións que afectan a ordeanzas e regulamentos que permitirán que os orzamentos sexan útiles para os nosos veciños e veciñas”. 
 
- Ordeanza de Emerxencia Social:
Unha das propostas, considerada “liña vermella” polos nacionalistas, residía na modificación da ordenanza de Emerxencia Social. “Conseguimos que se materializara unha ordenanza máis áxil, que permita aos servizos sociais municipais actuar con maior celeridade en graves situacións de emerxencia social”. Afirma que a partida de 80.000€, podería chegar a executarse completamente, cando na actualidade non chegaba nin ao corenta por cen.
Salienta igualmente que se alcanzou o compromiso de modificación das subvencións para material escolar de Educación Infantil co obxectivo de que máis familias tiveran acceso a elas.
 
- Iniciativas con perspectiva de xénero.
Outra das nosas demandas xa prantexadas polo BNG xa no 2021, consistía en axustar as bases de subvencións a todo tipo de entidades con perspectiva de xénero. “Plantexamos que se lles dea puntuación extra a aquelas directivas de colectivos onde a presenza das mulleres é paritaria ou maioritaria, atendendo ao principo de discriminación positiva”, sinala o edil.
Neste capítulo, incidíuse na necesidade de adaptar o Protocolo para a Prevención do Acoso por Razón de Sexo Municipal, “reaxustándoo á realidade, introducindo as modificacións para que sexa máis útil ante unha posible situación neste eido”.
 
- Priorizar actuacións nas parroquias.
Un dos aspectos que destaca o voceiro do BNG, Xoán Carlos González refírese a “acordos que afectan directamente ás parroquias”. Trátase dun paquete de iniciativas que van dende o aumento da autoxestión dos centros educativos en 10.000€, “ou convenio interparroquial ata os 41.000€, do que se beneficiarán as agrupacións e entidades que están impulsando en grande medida a vida cultural redondelá”. Igualmente conseguiron que o goberno de Digna Rivas se comprometa a que alomenos, un cuarto da Programación Cultural municipal se desenvolva nas parroquias, descentralizándoa.
 
- Destaca a recuperación das subvencións ás Traídas de Augas, eliminadas en tempos do PP, que neste orzamento se concretan en 30.000€ para axudar a entidades que subministran auga a centos de familias de Redondela. 
 
- Apoio ao comercio de proximidade
Mais un dos acordos nos que o voceiro nacionalista salienta como ventaxoso da negociación refírese ao comercio de proximidade. “Modifícase ata un noventa e cinco por cen do imposto de construcción específicamente para este sector, que en novas xuntanzas concretaremos”. Salienta a necesidade de medidas estruturais, en apoio a pequenos negocios que dinamizan os centros urbanos, crean emprego, e servizos de calidade. Afirma que Redondela e Chapela, deben converterse en espazos para atraer a xentes doutros concellos. Considera que a hostalaría, comercio téxtil polo miúdo, perruquerías e pequenas tendas, poderán saír beneficiadas.
 
Finalmente desmárcase Xoán Carlos González da que considera “campaña difamatoria contra a nosa organización por coincidir na votación no mes de maio co PP. Mentras o partido que agora dirixe Javier Bas atrincheirouse no non, o BNG amosou en todo momento unha actitude de diálogo e poder chegar a acordos con iniciativas positivas para o conxunto dos e das redondelás”.
O BNG absterase para facilitar a aprobación dos orzamentos municipais.